SEMANA da IGUALDADE

Enviado por admin-contidos o Ven, 29/10/2021 - 20:00
A semana do 2 ao 5 de novembro celebramos no colexio a SEMANA DA IGUALDADE NO CARBALLAL, organizada pola ANPA en colaboración co centro.
Durante o longo da semana realizáronse diversas actividades con tódolos grupos de Infantil e Primaria: teatro, contacontos, cine, xogos, charlas…, encamiñadas a traballar a igualdade dende as primeiras idades para conseguir entre todos e todas unha sociedade máis xusta e mellor.