Skip to Content

Recomendámosche

RADIO NA BIBLIO

 

A nosa radio por fin botou a andar!

Temos unha canles de Ivoox onde poderedes seguir os nosos programas. Suscribídevos para estar ao día!

 

Curiosidades sobre animais e curiosidades sobre o mundo

  Se sempre tes mil preguntas na túa cabeza sobre o mundo que che rodea, se che encantan os animais e non podes deixar de aprender sobre eles... Estas son as túas lecturas! Da man de Gerónimo Stilton descubrirás cousas sorprendentes sobre o mundo que che rodea:

Sabías que...? Mi gran libro de curiosidades Geronimo Stilton ...

https://www.planetadelibros.com/libros_contenido_extra/29/28400_Mi_primer_libro_de_curiosidades.pdf

 

 

  E para coñecer curiosidades do mundo animal, non perdas este outro:

Libro Curiosidades Animales Mundo Animal - $ 690,00 en Mercado Libre

https://www.planetadelibros.com/libros_contenido_extra/29/28400_Mi_primer_libro_de_curiosidades.pdf

Kalandraka tv

  Outra forma de aproximarnos á lectura é a través dos contos narrados. Dende Kalandraka tv teredes ocasión de escoitar e ver contos de moi diferente temática adaptados para todo tipo de público e contados dunha forma moi especial. Non perdades a ocasión de gozar deles.  

Kalandraka TV | Inicio
                kalandraka tv

 

Pica no enlace e accederás directamente á páxina. Boa lectura!

http://www.kalandraka.tv/gl/index.php

CAMPO A TRAVÉS CARBALLO 29/11/19

  O pasado venres 29 de novembro celebrouse a primeira fase de Campo a través dentro do programa Xogade, organizado pola Xunta de Galicia. A competición tivo lugar no polígono de Bértoa, en Carballo e nel participaron numerosos centros educativos da contorna.

Resultado de imagen de campo a traves infantil carballo

  A climatoloxía foi benigna e gozamos dun día soleado durante toda a xornada que favoreceu un desenvolvemento máis cómodo da mesma. Dende aquí dar a noraboa a todos e todas os participantes polo esforzo realizado, por seren quen de completar as carreiras en todas e cada unha das categorías, e pola súa implicación e motivación positiva neste evento de convivencia e deporte. Foi todo un éxito! 

  No seguinte enlace podedes ver a información que publicou ao respecto o concello de Carballo, e que inclúe imaxes dos podios xunto coa clasificación dos e das tres primeiros chegados á meta en cada categoría.

  http://www.carballo.org/novas.php?id=6937&idioma=gl&sec=30&fbclid=IwAR3cevAS2aYbfN3xbaRK5x2I2lpYejwx8wIUcWGkiJku4x3YB5mC_zqQxk8

 

  A páxina que se mostra a continuación lévavos á clasificación xeral na que podedes comprobar cal foi a posición de cada participante nesta carreira de campo a través.

https://atletismo.gal/wp-content/uploads/2019/11/rc291119.pdf

 

  Grazas a todos e a todas por asistir!!! E recordámosvos que en breve temos unha nova cita para acompañar ás clasificadas femininas para a vindeira fase. Moito ánimo para elas dende aquí!

Autoridades visitan a nosa BIBLIOTECaión!

 

O vindeiro martes  5 de novembro terá lugar a visita das autoridades ao noso centro e en especial á nosa BIBLIOTECaión, que sufriu unha gran transformación ao longo do curso pasado ao entrar a formar parte da rede de Bibliotecas do PLAMBE (Plan de Mellora das Bibliotecas escolares de Galicia).

   Comprácenos informar de que ao acto virán numerosos persoeiros coma:

  • Carmen Pomar Tojo (Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional).
  • José Manuel Pinal Rodríguez (Director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería).
  • Indalecio Cabana Leira (Xefe Territorial de Educación da Coruña).
  • Elisardo López Varela (Inspector do noso centro).
  • Consuelo Gundín Rey (Asesora Bibliotecas).
  • Emilio J. Veiga Río (Director do Centro de Formación e Recursos –CFR).
  • Marta Dopico Vázquez (Asesora do CFR).
  • Javier Pintor Elizalde (Asesor do CFR de Bibliotecas).
  • Jose Manuel López Varela (Alcalde da Laracha).
  • Patricia Bello Canedo (Concelleira Delegada de Cultura, Deportes, Ensino, Xuventude, Turismo e Festas).
  • Ana Mª Pardo Morgade e Romina Senín Senín, representantes da ANPA “A Balea”.

Gustarianos poder convidar a todos os familiares do centro mais non será posible por facérsenos pequena a biblioteca. Seredes informados dos resultados da mesma.

O alumnado de 5º e 6º, os nosos Axudantes da biblioteca, farán unha visita guiada pola mesma explicando a toda a xente convidada a organización e funcionamento da sala de lectura e de audiovisuais. 

 

 

LECTURAS RECOMENDADAS 3º TRIMESTRE

 

LECTURAS RECOMENDADAS 2º TRIMESTRE

Pincha co rato na seguinte imaxe e accederás a un tríptico con lecturas recomendadas por niveis.

LECTURAS RECOMENDADAS 1º TRIMESTRE

Distribuir contido


by Dr. Radut