Skip to Content

Axudas para material escolar

Dende o 2 de setembro e ata o 01 de outubro de 2015, pódense solicitar axudas de 50 euros para a compra de material escolar. Os requisitos son:

  • Alumnado matriculado en Primaria.
  • Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5400 euros anuais.
  • Entregar solicitude (anexoI) na Dirección do Colexio.
  • Adxuntar a documentación pertinente, según cada caso.

PREMER AQUÍ para descargar o formulario. Se precisades, tamén podedes recoller un exemplar do mesmo na Dirección do Centro.

A documentación que hai que achegar xunto á solicitude será a seguinte:

  1. Copia do DNI ou NIE dos membros computables da unidade familiar, cando non autoricena consulta telemática.
  2. Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables da unidade familiar (situación a 31 de decembro de 2013).
  3. Declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas do ano 2013 ou, na falta desta, o certificado tributario de imputacións dos membros computables da unidade familiar distintos da persoa solicitante, cando non autoricen a consulta telemática.

PREMER AQUÍ para descargar a orde e ampliar a información.

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 15-16

Xúntase a Orde do 8 de xuño de 2015 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2015 / 2016, nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia. (premer aquí)

No portal da Consellería tedes toda a información ao respecto sobre o calendario escolar.

 

LISTADOS DEFINITIVOS FONDO LIBROS DE TEXTO (para 3º e 5º Educación Primaria)

 

O centro dispón de  Banco de Libros propio para todo o alumnado en 3º e 5º de Educación Primaria e en todas as materias. 

As familias soamente deberán comprar os caderniños que figuran no seguinte enlace.

 LIBROS DE TEXTO PARA 3º E 5º DE PRIMARIA

LISTAXE DE MATERIAL FUNXIBLE POR CICLOS (esta listaxe será completada en setembro).

En caso de dúbidas ou consultas, por correo electrónico ceip.caion@edu.xunta.es .

 

En setembro seredes informados da recepción dos exemplares para o alumnado.

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO CURSO 2015-2016

Esta é a listaxe de libros de texto para o vindeiro curso 2015-2016.

 

Preme na seguite ligazón para poder visualizala.

 

VER LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO

 

* Recordar que os libros de 3º e 5º Educación Primaria aínda están pendentes de confirmar,

polo que ata inicio de curso non se concretarán cales son.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut