Skip to Content

PARTICIPACIÓN PROGRAMA "MARCAPÁXINAS POLA SOLIDARIEDADE. SAVE THE CHILDREN"

 

A semana pasada fixemos efectivo o ingreso dos cartos recaudados por todos e todas aqueles nenos e nenas que participáchedes no programa da ONG Save the children: "Marcapáxinas pola solidariedade".

Aproveitando a conmemoración do día do libro, cada un dos alumnos a alumnas elaboraron uns cuantos marcapáxinas solidarios que, a súa vez, deberían vender nas súas casas ou pola rúa e así recaudar cartos que axudaran aos nenos e nenas máis desfavorecidos a través da ONG.  A participación foi moi elevada e recaudamos 291,40€.

MOITAS GRAZAS A TODO O ALUMNADO E AS SÚAS FAMILIAS!

LIP DUB 25 ANIVERSARIO CEIP DE CAIÓN

  

SÓ TEDES QUE PINCHAR NA IMAXE E XA PODEDES VER AS VECES QUE QUEIRADES, E COMPARTIR, O VÍDEO SORPRESA ESTREADO O SÁBADO 28 NO ACTO DE CELEBRACIÓN DO 25 ANIVERSARIO DO NOSO COLE. 

 AGARDAMOS QUE VOS GUSTE TANTO COMO A NÓS NOS PRESTOU GRAVALO!!

CELEBRACIÓN DO 25 ANIVERSARIO DO CEIP DE CAIÓN

Cartaz da celebración.

 

A todos aqueles antigo alumnado e profesorado do CEIP de Caión:

 

Estades todos convidados/as o día 28 de maio, sábado, a pasar unha xornada que nos permita lembrar vellos tempos e anécdotas. O que si pregariamos é confirmación de asistencia ao mesmo antes do 24 de maio tanto por correo electrónico (ceip.caion@edu.xunta.es) como por vía telefónica (881880694).

Neste enlace podedes ver a carta de invitación ao mesmo coa planificación do evento:

 

 

AGARDAMOS TER NOVAS DE TODOS VÓS E VERNOS NESE GRAN DÍA!

Admisión do alumnado. Curso 2016/17

Calendario do proceso de admisión para o curso 2016/17
Publicación de vacantes 1 de marzo
Presentación de solicitude de admisión  Do 1 ao 29 de marzo
Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos  Antes o 25 de Abril (aprox. 13 abril)
Publicación de listaxes definitivas  Antes de 15 de maio
Formalización de matrícula  Do 20 ao 30 de xuño

 

  NOVO!!!

RELACIÓN DE ALUMNOS ADMITIDOS UNHA VEZ REMATADO O PERÍODO DE RECEPCIÓN DE SOLICITUDES. LISTAXES

A FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA TERÁ LUGAR ENTRE O 20 E O 30 DE XUÑO.

 

 

 Reserva de praza: Do 1 ao 15 de febreiro

  • Para o alumnado de 6º de Primaria do noso centro. Estamos adscritos ao IES Agra de Leborís (A Laracha)

 

 

O alumnado  actualmente matriculado no centro ten asegurada a reserva de praza no centro para o próximo curso, salvo que renuncie ao dereito de permanecia asinando o documento enviado a tal efecto ás familias.

 Solicitude de admisión: Do 1 ao 29 de marzo (premer para descargar e cubrir a solicitude)

  • Para alumnado que non está actualmente matriculado no centro. É dicir, novas matrículas para o curso 2016/17.

Documentación: Recomendamos entregar toda a documentación acreditativa de méritos puntuables no momento de presentación da solicitude de admisión para aplicar o baremo correspondente no caso de haber máis solicitudes que prazas.

  • Impresos de solicitude cumprimentados
  • Copia Dni dos pais e do alumno/a se o tivera
  • Copia do libro de familia
  • Tarxeta sanitaria
  • Folla de empadronamento de toda a unidade familiar
  • Condición de familia numerosa e/ou monoparental se procede
  • Xustificantes de concurrencia de minusvalía no alumno/a a matricular ou en titores/as ou irmáns do alumno/a.

 

Formalización de matrícula: Do 20 ao 30 de xuño

Prazas vacantes
  EDUCACIÓN INFANTIL
Niveis 4º INFANTIL 5º INFANTIL 6º INFANTIL
Prazas ofertadas

22

3 (NEE)

17  20
  EDUCACIÓN PRIMARIA
Niveis 1º CURSO 2º CURSO 3º CURSO 4º CURSO 5º CURSO 6º CURSO
Prazas ofertadas 20  16  22 22 22 17

  HORARIOS 

HORARIO LECTIVO: 9:30h - 14:30h.

SERVIZO DE COMEDOR: En funcionamento dende este curso. Horario do mesmo, de 14:30 a 16:00

SAÍDA TRANSPORTE ESCOLAR: 14:30H

  

SERVIZOS EDUCATIVOS COMPLEMENTARIOS

  • TRANSPORTE ESCOLAR: Servizo gratuíto para alumnado que vive a máis de 2 km do centro. As prazas libres poden ser solicitadas polo resto do alumnado pertencente a área de influenza do centro.
  • COMEDOR ESCOLAR:Servizo de pago que é xestionado pola ANPA.
  • BIBLIOTECA - LUDOTECA : (de valde) O alumnadoterá a súa disposición dende ás 16:00h ata ás 18:00h de luns a xoves. Estas actividades guiadas por profesorado do centro.
  • OUTRAS ACTIVIDADES (ANPA E CONCELLO): Ofertan distintas actividades de pago ou de valde segundo demanda en horario de 16:00h a 18:00h. Na actualidade impártese Zumba Kids os mércores de 16 a 17 no ximnasio do centro e patinaxe os venres no pabillón.

 

Horario de recepción de solicitudes:

Dirección         

Luns, martes, mércores, xoves e venres de de 13:40 a 14:30.

Luns e mércores: de 9:30 a 10:20.

 

OUTRAS INFORMACIÓNS DO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2015-2016

AQUÍ TEDES TODA A INFORMACIÓN DO PORTAL DA XUNTA AO RESPECTO.

 
Distribuir contido


by Dr. Radut