Skip to Content

IGUALDADE NO CEIP DE CAIÓN

O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria, con motivo da celebración do "Día internacional da muller" o pasado 8 de marzo, realizou este vídeo sobre a Igualdade que podedes ver facendo click nesta imaxe:

 

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2017/18

 

Dende o día 1 ao 20 do presente mes de marzo, poden proceder á solicitude de admisión para o novo alumnado. 

ANEXO II: SOLICITUDE PRAZA ADMISIÓN

Teñen a súa disposición a solicitude na dirección do centro ou pode descargala no anterior enlace. A novidade deste ano é que poden cubrir a solicitude online. En todo caso deberá ser presentada no centro.

 O proceso terá o seguinte calendario:

Calendario do proceso de admisión para o curso 2017/18
Publicación de vacantes 1 de marzo
Presentación de solicitude de admisión  Do 1 ao 20 de marzo
Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos  Antes o 25 de Abril
Publicación de listaxes definitivas  Antes de 15 de maio
Formalización de matrícula  Do 20 ao 30 de xuño

 Reserva de praza: Do 1 ao 15 de febreiro

  • Para o alumnado de 6º de Primaria do noso centro. Estamos adscritos ao IES Agra de Leborís (A Laracha)

 O alumnado  actualmente matriculado no centro ten asegurada a reserva de praza no centro para o próximo curso, salvo que renuncie ao dereito de permanecia asinando o documento enviado a tal efecto ás familias.

 Solicitude de admisión: Do 1 ao 20 de marzo (premer para descargar e cubrir a solicitude)

  • Para alumnado que non está actualmente matriculado no centro. É dicir, novas matrículas para o curso 2017/18.

Documentación: Recomendamos entregar toda a documentación acreditativa de méritos puntuables no momento de presentación da solicitude de admisión para aplicar o baremo correspondente no caso de haber máis solicitudes que prazas.

  • Impresos de solicitude cumprimentados
  • Copia Dni dos pais e do alumno/a se o tivera
  • Copia do libro de familia
  • Tarxeta sanitaria
  • Folla de empadronamento de toda a unidade familiar
  • Condición de familia numerosa e/ou monoparental se procede
  • Xustificantes de concurrencia de minusvalía no alumno/a a matricular ou en titores/as ou irmáns do alumno/

 

LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO CEIP DE CAIÓN (17-18) (PREMER AQUÍ)

LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO CEIP DE CAIÓN (17-18) (PREMER AQUÍ)

 

 Formalización de matrícula: Do 20 ao 30 de xuño (premer para descargar e cubrir a solicitude)

Prazas vacantes
  EDUCACIÓN INFANTIL
Niveis 4º INFANTIL 5º INFANTIL 6º INFANTIL
Prazas ofertadas

22

3 (NEE)

22  14
  EDUCACIÓN PRIMARIA
Niveis 1º CURSO 2º CURSO 3º CURSO 4º CURSO 5º CURSO 6º CURSO
Prazas ofertadas 4  0  0 16 0 0

  HORARIOS 

HORARIO LECTIVO: 9:30h - 14:30h.

SAÍDA TRANSPORTE ESCOLAR: 14:30H

SERVIZO DE COMEDOR: De 14:30 a 16:00h

 

  SERVIZOS EDUCATIVOS COMPLEMENTARIOS

  • TRANSPORTE ESCOLAR: Servizo gratuíto para alumnado que vive a máis de 2 km do centro. As prazas libres poden ser solicitadas polo resto do alumnado pertencente a área de influenza do centro.
  • COMEDOR ESCOLAR:Servizo de pago que é xestionado pola ANPA. Os usuarios poden ser fixos, fixos-discontinuos ou esporádicos.
  • BIBLIOTECA - LUDOTECA -SALA DE ESTUDOS: (de valde) O alumnadoterá a súa disposición dende ás 16:00h ata ás 18:00h de luns a xoves. Estas actividades son guiadas por profesorado do centro.
  • OUTRAS ACTIVIDADES (ANPA E CONCELLO): Ofertan distintas actividades de pago ou de valde segundo demanda en horario de 16:00h a 18:00h.

 OUTRAS INFORMACIÓNS DO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2017-2018

-DECRETO 254/2012 ( Admisión de alumnado en centros docentes).

-ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado.

-ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos público.

-INSTRUCIÓNS Dirección Xeral de Centros Educativos.

-INSTRUCIÓN Xefatura Territorial.

CALENDARIO DE ACTUACIÓNS ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2016

RESOLUCIÓN conxunta do 26 de setembro de 2016, da Dirección Xeral deCentros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (D.O.G. 04.10.16).
- A Xunta Electoral constituirase entre o 2 e 8 de novembro de 2016.
- As eleccións celebraranse entre os días 23 e 29 de novembro de 2016

 

DATAS

ACTUACIÓNS ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2016

Luns

24 de outubro

 - Publicación no taboleiro de anuncios do Centro , e envío de circular anunciando o sorteo para a designación dos membros da Xunta Electoral ( Artigo 30 do Decreto 92/1996, DOG. do 9 de agosto )

Martes

25 de outubro

 - 12:00 Horas: Sorteo público para a designación dos membros da Xunta Electoral. ( Titulares e Suplentes )
- Segundo o resultado anterior , envío de citacións para a Constitución da Xunta Electoral para o 3 de novembro.

Xoves

3 de novembro

 Primeira reunión da Xunta Electoral:
- Acto da súa constitución.
- Aprobación do calendario de actuacións
- Publicación nos taboleiros de anuncios:
a) Das convocatorias de eleccións nos distintos sectores educativos.
b) Dos correspondentes censos electorais.
- Escrito ao Concello e a ANPA solicitando a designación dos seus representantes (Orde do 22 de xullo de 1997, cap. VII 3.2 ).

Venres

4 de novembro

 - Publicación e envío de circular aos profesores, pais, persoal de administrac. e serv.
- Comeza o prazo de presentación de candidaturas e das posibles reclamacións ó censo.

Do 4 ao 11 de

novembro

 - Prazo de presentación de candidaturas.

Mércores

9 de novembro

 - Envío de convocatoria para a celebración da segunda reunión da Xunta Electoral
- Envío de convocatoria de Claustro informativo para o día 16 (Art. 35 do Decreto 92/1988)

Luns

14 de novembro

 - Segunda reunión da Xunta Electoral:
Admisión, proclamación e publicación de candidaturas.
• Aprobación dos censos electorais e de modelo de papeletas, sobres...
• Sorteo público para a designación dos membros das mesas electorais.

Martes

15 de novembro

 - Comezo das distintas campañas electorais.
- Reunión de Claustro de Profesores (Lectura de normas, Relación de candidaturas, acordo de convocatoria de Claustro extraordinario para o día 30 de novembro, mércores).
- Envío de:
• Convocatoria de Claustro extraordinario a celebrar o día 28.
• Citacións para a constitución da mesa electoral.
• Convocatoria para a terceira e última reunión da Xunta Electoral

Luns

28 de novembro

 - VOTACIÓNS:

- Profesorado (Claustro extraordinario).

Mércores

30 de novembro

 Terceira e última reunión da Xunta Electoral:
• Proclamación e publicación de candidatos electos.
• Traslado das actas das mesas electorais e do Anexo I ó Xefe Territorial.

Xoves

1 de decembro

 - Envío de convocatoria de reunión para a constitución do novo Consello Escolar. (Artigo 52 do Decreto 92/1988, DOG do 29 de abril).

Venres

9 de decembro

 Celebración de reunión do novo Consello Escolar:
• Constitución do Consello..
• Designación dos membros que van a constituír a Comisión Económica.
• Designación da persoa responsable de impulsar medidas educativas que fomenten a igualdade real e efectiva entre homes e mulleres. (Art. 126.2 da LOE).
• Constitución do Comisión da Convivencia Escolar. (Art. 6º do Decreto 8/2015, do 30 de xuño).

Antes do 20

de decembro

 Envío á/ao Xefa/e Territorial do formulario que se publica como Anexo II Segundo a Resolución do 26 de setembro de 2016 (DOG do 4 de outubro).

MÁIS INFORMACIÓN NESTE ENLACE: Premer aquí

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 16-17

 

 

Xúntase a ORDE do 7 de xuño de 2016 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2016/17 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia. (premer aquí)

 

No portal da Consellería tedes toda a información ao respecto sobre o calendario escolar.

 

Unha vez aprobados os días non lectivos (2 de novembro de 2016 e 2 de maio de 2017) no Consello Escolar e pendentes da aprobación por parte da Xefatura Territorial, o calendario escolar para o presente curso no CEIP de Caión será este. Facede click na imaxe para descargalo en formato .pdf.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut