Skip to Content

AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 19-20

Están convocadas, mediante o DOG do 20 de maio as axudas para a adquisición de libros de texto para o curso 2019-20. Teñen novedades importantes este ano.

 

Listaxes Definitiva de admisión 2019/2020.

Publicamos a LISTAXE DEFINITIVA de alumnado admitido para o vindeiro curso 19-20 no noso centro.

Lembrámoslles que o prazo para formalizar a matrícula é do 20 ao 30 de xuño.

O MÉRCORES 05 de xuño faremos a xornada de portas abertas para o alumnado de nova admisión, á que serdes convidados telefónicamente. 

Lembrámosvos que está aberto o prazo de solicitude de prazas no PROGRAMA DE MADRUGADORES. AQUÍ máis información.

 No caso de atopar algún erro, ábrese un prazo de 10 días contados a partir da presente publicación, para subsanar posibles defectos de forma ou omisión.

 

Listaxes Provisionais admisión 2019/2020

Publicamos a listaxes provisionais de admitidos para o próximo curso. As listaxes definitivas  publicaranse antes do 15 de maio. Lembrámoslles que o prazo para formalizar a matrícula é do 20 ao 30 de xuño.

A principios de xuño faremos a xornada de portas abertas á que serdes convidados telefónicamente.

No caso de atopar algún erro, ábrese un prazo de 10 días contados a partir da presente publicación, para subsanar posibles defectos de forma ou omisión.

SOLICITUDE DE PRAZA SERVIZO MADRUGADORES CURSO 2019/2020

Dende o Concello da Laracha informan que vén de abrirse o prazo de inscrición no servizo de MADRUGADORES para o vindeiro curso 2019/2020, para o que deberedes presentar unha solicitude de inscrición no mesmo.

O prazo de solicitudes estará aberto desde o 1 de abril ata o 21 de xuño.

ENLACE Á PÁXINA DO CONCELLO COA INFORMACIÓN DO PROGRMA HARMONIZA.

CARTA INFORMATIVA DO CONCELLO SOBRE O MADRUGADORES CURSO 19/20.

DESCARGA FOLLA DE INSCRICIÓN SERVIZO DE MADRUGADORES.

Trátase dun servizo cofinanciado entre as familias e o concello e para que se poña en marcha precisariamos un mínimo de 6 usuarios/as inscritos do noso centro. O servizo de Madrugadores é vital para algunhas familias do centro. Neste pasado curso 2018/2019 non chegamos a ese mínimo e non se puido abrir, cuestión que pode significar a falta de alumnado do noso centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut