ALUMNADO DE 6º EDUCACIÓN PRIMARIA
O CEIP DE CAIÓN está adscrito ao IES AGRA DE LEBORÍS (A LARACHA), isto quere dicir que o noso alumnado pode reservar praza, se así o decide, nese Instituto.
O prazo de reserva de praza é dende o 1 ao 17 de febreiro de 2020 (a.i.).
A solicitude deberá entregarse na Secretaría do CEIP de Caión (formulario normalizado ED550A) que achegamos con esta nota informativa, debidamente cumprimentada; Tamén poderase presentar na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, para o cal se precisará da Chave 365 ou dun certificado dixital.
As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual (como en cursos anteriores) e a solicitude deberá entregarse na Secretaría do colexio debidamente cumprimentada. Tamén se pode cumprimentar a través da aplicación admisiónalumnado, no menú Solicitudes – reserva – Crear, aplicación cuxo link é https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/. Así mesmo poderase cumprimentar e presentar a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia, para o cal se precisará de Chave 365 ou certificado dixital.
O alumnado que desexe ir a outro instituto non poden facer reserva de praza. Deberán presentar solicitude de admisión no centro da súa elección entre o 1 e o 20 de marzo.
O alumnado que non reserve praza no IES Agra de Leborís no prazo establecido perderá os seus dereitos sobre a mesma.
Así mesmo o alumnado que teña feita a reserva de praza para o IES Agra de Leborís, non poderá solicitar outro centro sen renunciar á súa reserva antes do 1 de marzo, pois perdería o dereito de prioridade en ambas solicitudes.
Os trámites e prazos deste procedemento establécense na Orde de 12 de marzo de 2013 e na Orde de 25 de xaneiro de 2017 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación.
De tódolos xeitos achegámosvos en arquivos .pdf adxuntos o modelo de solicitude ED550A para que a poidades descargar e a lexislación correspondente onde se desenvolve todo o procedemento.