Skip to Content

RESUMO DE ACTIVIDADES PROXECTO DE VIDA ACTIVA E DEPORTIVA. 3º TRIMESTRE Curso 2022-23 (Parte 2). PLAN PROXECTA. "Ready, Steady... GO CAIÓN"

RESUMO DE ACTIVIDADES. 3º TRIMESTRE

MAIO 

Reciclaxe e utilización de materiais de refugallo: Obradoiros familiares sobre fauna e contaminación con 03/5/23.

Outro dos obradoiros familiares dirixidos por Alma Blanco (Espacio Arkhé) foi o de “Basufauna” onde creamos o noso propio ecosistema a partir de materiais de refugallo, incidindo na importancia da man do ser humano no proceso de contaminación ambiental.

Relacionamos esta proposta coa adquisición de hábitos de ocio saudables, como son a reciclaxe e ás accións medioambientais, así como tamén á ocupación do tempo de lecer en familia.

Ligazón ao álbum de fotos desta actividade

 

 

Recicla con enerxía. 4ª Edición do Concurso Pilabot

Na nosa busca por educar na reciclaxe de residuos, participamos un ano máis neste concurso, promovido pola Xunta de Galicia, Ecopilas, ERP e Ecolec, como unha campaña de recollida selectiva de pilas e acumuladores portátiles nos centros educativos de primaria e secundaria de Galicia.

Tanto foi o noso esforzo que o curso pasado acadamos o 2º Premio na categoría “Ranking de quilos de residuos de pilas recollidos por alumno/a”, recollendo unha media de 49,36 kg por alumno, sobrepasando as 3 toneladas de pilas e acumuladores reciclados. Este ano obtivemos o 3º posto na mesma categoría.

Máis información sobre este Concurso: https://pilabot.gal/es/

 

Roteiros de Sendeirismo consciente eco-ambiental Vía Inqueda – Senda Nova. 10/05/2023

Traballamos en colaboración coa Asociación medioambiental Senda Nova e a empresa “Vía Inqueda. Natureza e patrimonio”, en dous Obradoiros de concienciación medioambiental, un dirixido a crianzas de educación Infantil e 1º de Primaria, e o outro para os alumnos de 2º a 6º de Ed.Primaria.

Co alumnado maior, traballaron accións de achegamento e interpretación do patrimonio natural nun roteiro guiado pola contorna de Caión (curiosidades de animais autóctonos: indicios, excrementos, acción da contaminación ambiental etc...).

No roteiro guiado dos máis pequenos traballouse a observación das especies arbóreas atopadas polo camiño (autóctonas ou invasoras) e boas prácticas medioambientais a desenvolver no medio natural.

Como sempre facemos en tódalas actividades de sendeirismo, tamén houbo espazo para a actividade física lúdica, coa organización de diferentes xogos motores.

Ligazón ao álbum de fotos do roteiro de maiores.

Ligazón ao álbum de fotos do roteiro de pequenos.

 

Máis información sobre Vía Inqueda: https://viainqueda.com/nos.html

Máis información sobre Asociación medioambiental Senda Nova: https://www.sendanova.org/

 

Sesións de Educación física e xogos populares na praia. Todo o curso.

Cando a climatoloxía é favorable, fomentamos a Aprendizaxe na contorna saindo a realizar as sesións de Educación Física na praia: carreira continua polo Paseo Marítimo e a praia, xogos predeportivos e tradicionais (xogos de petanca e bólas) cos máis pequenos ou práctica de deportes na praia (como o volei-praia) cos maiores, son algunhas das actividades que realizamos durante o curso.

No terceiro trimestre dedicamos unha xornada enteira a gozar das posibilidades que ten a nosa costa, practicando Xogos Tradicionais e populares propios da zona.

Ligazón ao álbum de fotos desta actividade

 

 

Mellora do exterior da escola: Reciclaxe e reutilización de material de refugallo (A Coruña) 12/5/23

Coa finalidade de mellorar o espazo exterior do centro, imos construir un aula exterior nunha zona próxima ao patio, que tamén sirva de recuncho de xogo tranquilo no tempo de lecer. Como o noso colexio ten demasiada zona cimentada, imos crear nese espazo unha pequena zona verde, reciclando neumáticos e converténdoos en grandes maceteiros onde plantar plantas.

 

 

Excursión ao Acuarium Finisterrae (A Coruña) 15/5/23

Gozamos desta viaxe á cidade  herculina, co Acuario como o noso principal destino, onde puidemos aprender moito sobre os diferentes ecosistemas mariños, así como as principais curiosidades das distintas especies mariñas.

Un dos momentos de máis expectación foi a hora de alimentación dos peixes e das focas, por parte dos buzos e coidadores do Acuario. Todo un espectáculo!

Aproveitamos, como sempre facemos, para facer un pouco de sendeirismo e actividades lúdicas no entorno da Torre de Hércules.

Ligazón ao álbum de fotos desta actividade

 

 

Concurso Bioescolas de recollida de aceite 15/5/23

O CEIP de Caión resultou 1º clasificado no Concurso Bioescolas,  organizado por Arioil Reciclajes no que, entre os meses de marzo e abril, participaron 54centros escolares de toda Galicia.

Con  esta recollida pretendemos afondar na nosa conciencia ambiental, xa que tivemos que incentivar a recollida, para a súa reciclaxe, de aceite de cociña usado, auténtica materia prima para a fabricación de biocombustibles sostibles.

Ligazón á noticia no diario A Voz de Galicia:

 

 

Obradoiros “Aprende a través do surfing”. 23-25/5/23

En colaboración coa asociación Surf & Clean e coa a escola Caión Surf House realizamos unhas xornadas de achegamento ao deporte do surf, como medio de concienciación cidadá.

O programa educativo se divide en actuacións en 3 ámbitos:

1- Formación nas aulas: sesión no patio da escola onde se traballa conceptos medioambientais sobre o coidado dos espazos naturais acuáticos.

2- Visita ao medio natural e Conceptos de Ciencia Cidadá (residuos e contaminación por plásticos, coñecer especies autóctonas e alóctonas, seguridade e recoñecemento dunha praia como ecosistema dinámico).

3- Práctica deportiva: Bautismo de Surfing na auga.

Ligazón ao álbum de fotos da formación nas aulas

 

Máis información sobre este Programa educativo: http://surf-and-clean.com/aprende-a-traves-del-surfing/

 

Roteiro fluvial interpretativo pola Fraga do río Sisalde. 30-31/05/2023

Esta é unha iniciativa do Concello de Arteixo, que pretende achegar aos máis cativos/as o coñecemento do valor medioambiental de la zona. Nesta saída guiada ao medio natural traballamos accións de achegamento e interpretación do patrimonio natural, así como recomendacións e medidas para respectar a nosa contorna.

Ligazón ao álbum de fotos desta actividade con Ed. Infantil e 1º Ed. Primaria

Ligazón ao álbum de fotos desta actividade con 2º-6º Ed. Primaria

 

 

XUÑO

Bautismo de surf e xogos tradicionais na praia de Salseiras (Caión). 9-10/06/2023

En colaboración coa asociación Surf & Clean e coa escola Caión Surf House realizamos unhas xornadas de achegamento ao deporte do surf, como medio de concienciación cidadá.

En Xuño tivemos unha xornada de práctica deportiva: Bautismo de Surfing na auga e xogos cooperativos na area. 

Ligazón ao álbum de fotos desta actividade co alumnado de 1º E.Primaria

Ligazón ao álbum de fotos desta actividade co alumnado de 2º/3º/4º E.Primaria

Ligazón ao álbum de fotos desta actividade co alumnado de 5º-6º E. Primaria

 

 

Gravación do Vídeo clip da canción “Deixa vivir”, produto do Programa EduExcelencia. 02/06/23

Aproveitando a fermosa contorna que rodea o noso centro, realizamos unha actividade enmarcada nos arredores do colexio. O mar, as praias, o porto e as rúas da vila de Caión foron os escenarios onde gravamos un vídeo clip da canción “Deixa vivir” composta polo mestre de Música, José Carballido, e interpretada polo coro de alumnos/as e mestres/as do CEIP de Caión. Foi unha actividade que intentou concienciar sobre o valor da tolerancia e o benestar emocional ademais de resaltar a importancia de utilizar o noso contorno, de forma respectuosa, realizando actividade física con distintas coreografías e bailes.

Este foi o resultado:

Vídeo “Deixa vivir”. Coro CEIP de Caión

Ligazón ao álbum de fotos desta actividade

 

 

Actuación de fin de curso do Coro musical escolar, para as familias. 20/06/2023

Este final de curso tivemos a sorte de gozar cunha actuación especial moi emocionante do Coro musical escolar, que levan ensaiando tódalas semanas do curso para compartir o seu bo facer con toda a Comunidade Escolar.

 

 

Excursión de Fin de curso: Granxa-escola O Ventoso (A Laracha). 16/06/2023

Como broche a este curso tan intenso, marchamos de excursión de fin de curso, sen saír do noso Concello: na Granxa-escola O ventoso gozamos dunha visita de toda a xornada, onde aprendemos moitas cousas sobre a fauna autóctona e sobre os seus coidados. Ademais de realizar un obradoiro de pan e montar a cabalo, rematamos con xogos motores e actividades lúdicas. 

 Ligazón ao álbum de fotos desta actividade

 

Festa fin de curso 22/06/2022

O último día do curso celebramos unha gran festa, organizada pola ANPA, no que os nenos/as gozan de distintas actividades lúdicas e deportivas.

 

 

Convivencia fin de curso 27/06/2022

Unha vez acabadas a xornadas lectivas, e como actividade de despedida, celebramos unha comida/convivencia ao aire libre, no merendeiro de Caión, na que toda a comunidade educativa está invitada a participar.

Ademais de degustar diversas especialidades culinarias, a rapazada realiza actividade lúdica libre ata ben entrada a tardiña, mentres os maiores despedimos un curso cheo de iniciativas saudables e aventuras.

 convivencia23

 



page | by Dr. Radut