Skip to Content

Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar. Curso 23-24.

No presente curso vense de publicar as diferentes axudas da Consellería para adquisición de libros de texto e material escolar. Como sabedes non temos libros de texto en ningún curso, mais o curso que vén implementaremos o traballo coas Snappets nos cursos de 1º a 4º de Primaria.

  Convócanse as seguintes axudas:

  . Fondo Solidario de Libros de texto (3º a 6º de Educación Primaria). (nós non temos)

 . Axudas para mercar libros de texto (1º e 2º de Educación Primaria) (tamén compatible coa licenza de uso de Snappet).

    • Rendas per cápita iguais ou inferiores a 6.000 euros : 240 euros libros.
    • Rendas per cápita entre 6.000 e 10.000 euros: 160 euros libros.
    • Discapacidade igual ou superior ao 65% e Educación Especial: 300 euros libros.

 

  . Axudas para material escolar (Todos os cursos de Educación Primaria): rendas per cápita iguais ou inferiores a 6.000 euros: 75euros. Rendas per cápita entre 6.000 e 10.000 euros: 60€.

 

 PRAZO DE PRESENTACIÓN: Ata o 21  de Xuño. Deberá presentarse preferiblemente por internet na aplicación Fondolibros. Para presentación no centro é IMPRESCINDIBLE PRESENTARSE PERSOALMENTE UN DOS PROXENITORES. Recoméndase solicitar cita previa. AQUÍ podedes descargar os anexos (ou solicitade unha copia na dirección do centro).

 

 Calquera dúbida solucionarase  por teléfono: 881880694 ou por correo electrónico: ceip.caion@edu.xunta.gal

 

 DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

  . Fotocopia do Libro de Familia (imprescindible).

  . Anexos I e II (nun mesmo formulario). Poden imprimirse da aplicación Fondolibros ou obterse no propio centro ou descargándoos aquí.

  . Sentenza xudicial e/ou convenio regulador (só nos casos de separación ou divorcio).

  . Fotocopia do DNI (só se non permite a comprobación telemática).

  . Declaración da renda 2021 (só se non permite a comprobación telemática).

  . Certificado de minusvalía (só se non permite a comprobación telemática ou non está avalada pola Xunta).

  . Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero (de ser o caso).

  . Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos Servicios Sociais (só se o/a pai/nai non ten DNI).

  Presentarase unha única solicitude para todos os irmáns matriculados no mesmo centro

  No caso de realizar dita solicitude por vía telemática (Internet), terán cubrir unha solicitude por fillo.

  Para o cómputo da renda, deberán sumarse as casiñas 435 + 460 do exercicio fiscal 2021, de todos os membros computables con ingresos, e dividirse polo número de membros da unidade familiar a 31 de decembro de 2021. Se non se presentou a Renda no 2021, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola AEAT.

 Pódese consultar a orde na que se convocan todas estas axudas no seguinte enlace: Orde 10 de abril de 2023.

 



page | by Dr. Radut