Skip to Content

RESUMO DE ACTIVIDADES PROXECTO DE VIDA ACTIVA E DEPORTIVA.2º TRIMESTRE Curso 2021-22. PLAN PROXECTA. "Contra o aburrimento, Caión en movemento"

 

XANEIRO

 

Limpeza, preparación e abono do horto escolar.

 

Co inicio de ano procedemos á preparación do horto escolar para a nova plantación deste curso. Tarefa da que foron encargados/as os alumnos/as maiores do colexio.

 

 

 

 

 

 

 

 

Experimentando coa natureza

 

Pensamos que a mellor forma de que os nosos cativos/as se conciencien da importancia do coidado dos recursos naturais é sendo protagonistas do seu coñecemento.

 

Por iso, levamos a cabo unha metodoloxía experimental, para que de forma práctica adquiran os coñecementos que lles achegarán as distintas realidades do noso planeta. Exemplo destes experimentos foron os realizados en torno aos volcáns e á fotosíntese, como se pode comprobar nos seguintes álbums de fotos.

 

Experimentando cos volcáns.

 

Experimentando coa fotosíntese.

 

 

 

 

 

 

FEBREIRO

 

 

 

Vídeo clip da canción Figa (Tanxugueiras) con motivo do Día da Paz

 

Aproveitando a fermosa contorna que rodea o noso centro, realizamos unha actividade enmarcada nos arredores do colexio. O mar, as praias, o porto e as rúas da vila de Caión foron os escenarios onde gravamos un vídeo clip da canción Figa, de Tanxugueiras, interpretada polo coro de alumnos/as do CEIP de Caión. Foi unha actividade realizada con motivo do Día da Paz, pero que nos concienciou da importancia de utilizar o noso contorno, de forma respectuosa, realizando actividade física, coreografías de baile tradicional galego e Acrosport.

 

Este foi o resultado:

 

Vídeo Figa (Tanxugueiras). Coro CEIP de Caión

 

 

 

Ligazón ao álbum de fotos desta actividade

 

 

 

 

 

 

Día mundial da Enerxía. 14/2/22.

 

Con motivo do Día mundial da Enerxía, traballamos co alumnado a importancia das enerxías renovables (das cales tivemos unha charla programada para uns meses máis adiante, da man da Fundación Naturgy).

 

 

 

A Voz de Galicia deu conta do noso traballo neste campo: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2022/02/11/san-valentin-logra-solapar-dia-mundial-energia-centros-voz-natura/00031644590196349685472.htm

 

 

 

Ligazón ao álbum de fotos desta actividade

 

 

 

 

 

 

 

 

Día de Rosalía. Plantación de Pensamentos en honor a Rosalía de Castro. 23/2/22.

 

Con motivo do Día de Rosalía de Castro, entre outras actividades máis literarias,  sementamos pensamentos, xa que eran as flores preferidas da autora. Foi a primeira plantación do ano, e cando medraron as plantas, foron transplantadas para formar parte do noso futuro xardín exterior.

 

Aproveitamos a festividade tamén para inaugurar a zona de plantación interior, que creamos coa compra de seis invernadoiros, os cales nos facilitarán a plantación durante todo o ano.

 

Relacionamos as actividades de plantación no horto co fomento dunha educación emocional de respecto polo medio que nos rodea, así como da adquisición de hábitos de alimentación saudables e sostibles.

 

 

 

Ligazón ao álbum de fotos desta actividade

 

 

 

 

 

 

 

 

MARZO

 

 

 

Entroido no CEIP de Caión.

 

Para pechar o mes de febreiro, celebramos un Entroido centrado en temas de conciencia social e medioambiental. Así, canda grupo-clase disfrazouse dunha temática relacionada co Proxecto de centro. Estas foron as diferentes temáticas:

 

-     

Animais e vida submarina.

 

-     

Animais e vida terrestre

 

-     

Ecosistemas terrestres.

 

-     

Profesións relacionadas coa vida submarina.

 

-     

Personalidades que loitaron por unha sociedade xusta, pacífica e inclusiva.

 

 

 

O día acompañou, así que o pasamos xenial nun día no que houbo Pasarrúas pola vila, xogos e bailes na pista polideportiva do cole.

 

 

 

Ligazón ao álbum de fotos desta actividade

 

 

 

 

 

 

 

 

Charlas con expertos sobre Vida submarina. 9-11/3/22

 

Contamos coa colaboración de familiares do alumnado que desenvolven diferentes profesións relacionadas co mar e que nos explicaron as particularidades do seu traballo, as diferentes especies mariñas autóctonas e as actitudes que poden colaborar á súa conservación. Inculcáronnos a importancia de consumir produtos do mar, como base dunha alimentación saudable.

 

Tamén tivemos a oportunidade de visitar o porto de Caión e coñecer algo máis sobre as embarcacións e aparellos que os mariñeiros empregan no seu traballo.

 

 

 

Ligazón ao álbum de fotos desta actividade

 

 

 

 

 

 

Actividade física na contorna da escola:  2ª Carreira solidaria pola Paz, a favor dos damnificados polo conflito en Ucraína. 18/3/22.

 

A totalidade do alumnado participou nunha recollida de fondos e na carreira posterior pola contorna da escola. Toda a recadación foi doada a ONG Cruz Vermella.

 

Nesta actividade aproveitamos a pouca presenza de tráfico nos arredores da escola, para sacar durante dez días ás aulas fóra dos muros da escola e practicar actividade física ao aire libre, gozando da sorte de contorna que nos rodea.

 

 

 

Ligazón ao álbum de fotos desta actividade

 

 

 

 

Algúns medios de comunicación fixéronse eco das nosas accións solidarias:

 

El Correo Gallego:

 

https://www.elcorreogallego.es/ocorreodebergantinos/carreira-pola-paz-e-solidaria-nas-ruas-da-vila-de-caion-fh10714111

 

 

 

https://www.elcorreogallego.es/ocorreodebergantinos/escolares-de-caion-correron-pola-paz-nunha-carreira-solidaria-EE10725133

 

 

 

La Voz de Galicia:

 

https://galego.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2022/03/18/iniciativas-solidarias-laxe-caion-cabana-favor-ucrania/0003_202203C18C4994.htm

 

 

 

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/a-laracha/2022/03/18/ceip-caionrecaudo-2000-euros-afectados-guerra-ucrania/00031647630405820629936.htm

 

 

 

Que pasa na Costa:

 

https://www.quepasanacosta.gal/articulo/a-laracha/rapazada-caion-celebrou-sua-2a-carreira-solidaria-axudar-aos-danados-ucraina/20220319111826134630.html

 

 

 

 

 

Flora e fauna autóctona de Caión.

 

Esta actividade comezou coa Andaina de principio de curso, onde puidemos apreciar especies autóctonas da fauna e da flora da zona. No Paseo Marítimo existen paneis informativos, onde os alumnos/as puideron comezar a recoñecer o nome e características de plantas e animais que xa lles eran familiares.

 

Aproveitando as inquedanzas artísticas dun membro do claustro (mestre Pablo Fuentes) e da mellora das instalacións exteriores do centro coa instalación dun rocódromo, para o fomento da actividade física no tempo de lecer, pareceunos máis que apropiado plasmar eses coñecementos sobre especies autóctonas na decoración do rocódromo, para que formen parte do noso día a día na escola.

 

Posteriormente, realizamos máis actividades para o coñecemento da nosa fauna e flora.

 

 

 

 

 

 

Ligazón ao álbum de fotos desta actividade

 

 

 

 

 

Exposición e obradoiro informativo sobre flora exótica invasora. Escola de sensibilización ambiental. Asociación AMABUL.

 

14-18/3/22.

 

A totalidade o profesorado e alumnado do centro asistiu a estes obradoiros interactivos sobre Flora Exótica Invasora, ofrecidos pola Asociación medioambiental AMABUL, os cales constaron dunha visita guiada á exposición “Unha ameaza chegada dun espazo exterior” e xogos didácticos en torno a esta temática.

 

Máis información sobre esta proposta: https://www.amabul.org/obradoirosambientaiscentros/

 

 

 

Ligazón ao álbum de fotos desta actividade

 

 

 

 

Visita ao Criadeiro de ameixas e ostras de Barizo (Malpica de Bergantiños. 25-28/03/2022

 

Como a nosa comunidade educativa é moi diversa, temos a sorte de contar entre as nosas familias con Esteban, un pai que traballa como Biólogo mariño na Granxa mariña de ostras e ameixas “Mariscos A Ostreira” de Barizo, no Concello de Malpica de Bergantiños.

 

Ata alí nos desprazamos para coñecer de primeira man o proceso de cría destas especies animais, así como o seu o impacto ambiental  e a importancia económica para a nosa Comunidade.

 

 

 

Ligazón ao álbum de fotos desta excursión para Educación Infantil.

 

Ligazón ao álbum de fotos desta excursión para Educación Primaria.

 

 

 

 

 

 

 

 

Visita ao Mercado de Elviña. 30/3/22

 

Como colofón aos proxectos de Ciencias desenvolvidos sobre Especies animais e Ecosistemas mariños e terrestres, o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de Ed. Primaria fixeron unha excursión ao Mercado de Elviña, onde, ademais de recoñecer distintas especies animais, froitas, verduras, etc... puideron comprobar in situ a conexión entre os diferentes sectores económicos e a importancia de mercar produtos de proximidade e tempada.

 

 

 

Ligazón ao álbum de fotos desta actividade

 

 

 

 

 

 

Xornada Provincial de Sensibilización e coñecemento do Deporte adaptado ENKI (Complexo Polideportivo Universidade de Elviña). 30/03/2022

 

Asistimos, xunto con outros centros educativos á Xornada Provincial de Sensibilización e coñecemento do Deporte adaptado ENKI, que se celebrou no Complexo Polideportivo da Universidade de A Coruña, en Elviña.

 

 

 

Ligazón ao álbum de fotos desta actividade

 

 

 

 

 

 

ABRIL

 

 

 

Día Mundial da concienciación sobre o autismo. 1/4/22

 

Unha vez máis sacamos as aulas fóra dos muros da escola, e utilizamos a nosa praia para gozar dunha xornada distinta e a súa vez, para explicar ás nosas crianzas e visivilizar unha realidade moi presente nas nosas vidas: a diversidade das persoas, hoxe en concreto, das persoas con TEA (Trastornos do Espectro Autista). Por iso, todos/as unidos, escenificamos un lazo xigante azul na praia de Caión.

 

 

 

A Voz de Galicia dedicou unha noticia ao noso traballo nas súas RRSS:

 

https://www.facebook.com/317152624992987/posts/7231493816892132/?d=n

 

 

 

Ligazón ao álbum de fotos desta actividade

 

 

 

 

 

 

 

 

Nova plantación do horto escolar. Abril, maio e xunio 22.

 

Coa chegada da primavera, o noso horto escolar comezou a encherse de vida, coa nova plantación (antes xa plantaramos sementeiras nos invernadoiros interiores). A partir de agora, cada aula fixo quendas para o seu coidado e rego.

 

 

 

Ligazón ao álbum de fotos desta actividade

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Exposición trimestral de Proxectos medioambientais. 2º Trimestre

 

Neste fin do 2º trimestre cada aula realizou a exposición do seu traballo de concienciación ambiental realizado nesta avaliación. No segundo trimestre, as temáticas dos proxectos de aula foron os seguintes:

 

-     

Animais e ecosistemas terrestres.

 

-     

Vida submarina (especies mariñas e profesións relacionadas coa vida submarina).

 

-     

Animais en perigo de extinción e curiosidades sobre animais.

 

 

 

Ligazón ao álbum de fotos desta actividade

 

 

 

 

 



page | by Dr. Radut