Skip to Content

Todo sairá ben. A pintar!

  Boas! Son moitos días na casa. De seguro que xa fixestes case que de todo e quizáis xa esteades un pouco aburridos e aburridas. Pois mans á obra!!! Imos a converternos en artistas durante un bo rato. Déixovos un arquivo adxunto no que podedes decorar distintas imaxes de arcos da vella porque...

TODO VAI SAÍR BEN!!

 

  Algún igual xa vos sona pero rétovos a que innovedes e probedes outras técnicas para decoralos que non sexa pintar con cera, rotulador ou témpera. 

 

  SUXERENCIAS:

  • Punteado: Con rotuladores e sen facer demasiada forza coa punta vai depositando a tinta en pequenos puntiños. Podes graduar a intensidade da cor en función do xuntos que os coloques. Cantos máis, mais viveza terá o teu debuxo. 
  • Raiado: no canto de puntos, podes facer raias no mesmo sentido, cambiándoo según a cor... O único límite está na túa imaxinación.
  • Mosaico: Corta anaquiños de revistas, xornais, folios de cores e vainos pegando ata encher de cor a túa composición!!!
  • Estarcido: Cun papel de cociña, un anaquiño de esponxa, etc, molla lixeiramente en témpera e vai coloreando o debuxo apretando suavemente na zona que queres pintar.
  • Con boliñas: con papel de seda ou folios de cores, fai boliñas moi pequenas que despois terás que pegar para completar o teu arcodavella.
  • Cosido: Pide a un adulto que faga buratos algo separados nas liñas que queres decorar. Despois con fío de lá ou o que teñas dispoñible vas cosendo burato cara arriba, burato cara abaixo. Truco! Se cubres o extremo da lá cun pouco de cinta adhesiva, non precisarás agulla.

A ENCHER AS FIESTRAS DE MENSAXES DE ÁNIMO!!

AdxuntoTamaño
dibujos-colorear-arcoiris.pdf926.81 KB


page | by Dr. Radut