Skip to Content

MONSTRO ANTI CORONAVIRUS

  Hoxe temos unha misión super importante: Crear un monstro que nos axude a loitar co coronavirus!! Despois poderás colocalo no baño ou nalgún lugar estratéxico para recordarche a importancia de ter ben limpas as mans e esbirrar no brazo. Estades preparados/as?

 Para isto imos precisar plastilina de distintas cores. Seguro que algunha has de atopar por casa pero... E se non é así? Non desesperes! Ponte mans á obra porque imos crear a nosa propia... PLASTILINA CASEIRA. Ademais esta receita non é tóxica así que o poder do super monstro será aínda maior se cabe. 

  Necesitaremos:
- 3 vasiños de fariña (medida de iogur)
- 1 vasiño de sal fina
- 1 vasiño de augua da billa (non quente!)
- 2-5 culleradas de aceite
- Colorante alimenticio se queredes darlle cor. Ou mesmo purpurina se vos gusta!

¿Cómo a preparamos?

Nun bol grande que nos permita misturar todo comodamente, botamos a fariña, o sal, a auga, dúas culleradas de aceite e imos misturando. A medida do aceite dependerá de como queiramos de branda a masa. O aconsellable é engadir primeiro dúas culleradas e progresivamente máis ata lograr a textura que nos guste. A continuación, e para isto mellor empregar uns guantes!!! podemos incorporar unhas gotiñas do colorante alimenticio. Pero se non vos cubrides as mans, coidado! porque ao principio mancha. En canto a masa está ben integrada xa non porque o colorante se fixa. Conservar en envase pechado para evitar que se seque e.... A xogar!! 

Nota:  Se vos pasades co aceite, deixádela repousar no envase e secades con papel absorbente o sobrante.

   Para os que sodes máis visuais, un vídeo co proceso:

  E a continuación unha serie de tutoriais para que vos inspiredes nas vosas creacións. Senón simplemente... Deixade voar a vosa imaxinación!!





page | by Dr. Radut