Skip to Content

VIDEOCLIP "CAMIÑO DE CAIÓN"

No presente curso dende a materia de Música, fixemos unha versión moi particular do gran éxito "Camiño de Caión", canción tradicional galega representativa da nosa vila.

Parte da instrumentación é realizada polo alumnado de 5º e 6º de Primaria con instrumentos escolares, coa participación do resto do alumnado e o persoal do centro na voz e nos coros.

Premede na imaxe para ver o resultado final, do que estamos moi orgullosos/as.

 

       

 Asemade, dámosvos a posibilidade de colaborar na sufragación dos gastos da viaxe de fin de curso do alumnado que máis participou no proxecto (os de 5º e 6º, que irán a Madrid). Para tal fin, teredes que facelo vía Paypal premendo no botón que vedes aquí embaixo.

 

 

Se queredes descargar a canción, premede neste enlace PREMER AQUÍ.

Grazas a todos e todas pola colaboración.



page | by Dr. Radut