Dende o 2 de setembro e ata o 01 de outubro de 2015, pódense solicitar axudas de 50 euros para a compra de material escolar. Os requisitos son:
- Alumnado matriculado en Primaria.
- Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5400 euros anuais.
- Entregar solicitude (anexoI) na Dirección do Colexio.
- Adxuntar a documentación pertinente, según cada caso.
PREMER AQUÍ para descargar o formulario. Se precisades, tamén podedes recoller un exemplar do mesmo na Dirección do Centro.
A documentación que hai que achegar xunto á solicitude será a seguinte:
- Copia do DNI ou NIE dos membros computables da unidade familiar, cando non autoricena consulta telemática.
- Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables da unidade familiar (situación a 31 de decembro de 2013).
- Declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas do ano 2013 ou, na falta desta, o certificado tributario de imputacións dos membros computables da unidade familiar distintos da persoa solicitante, cando non autoricen a consulta telemática.
PREMER AQUÍ para descargar a orde e ampliar a información.