Skip to Content

RESUMO ACTIVIDADES PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO "Contra o aburrimento, Caión en movemento" (3º Trimestre)

22,23,24 / 03/21: aprende a través do Surfing:

O tercerio trimentre estivo marcado polo noso acercamento á filosofía de vida do deporte do Surf, grazas a nosa participación o Proxecto “Aprende a través do Surfing”.

Primeiro, cunha sesión no propio centro, onde a empresa Surf&Clean trouxo unha morea de equipamento para aprendermos coñecementos sobre o surf, centrándose tamén no coidado do medioambiente e na importancia de manter o noso litoral libre de lixo.

No mes de maio, cando o tempo mellorou, fomos á praia repartidos/as por aulas burbulla, a facer un bautismo de surf, do que saímos exhaustos/as, pero encantados/as de realizar unha actividade tan divertida e enriquecedora.

Preme aquí, para ver un vídeo sobre o proxecto.

Preme nas imaxes, para ver máis fotos e vídeos:

Xornada de achegamento ao surf, no centro:

Bautismo de Surf na praia de Salseiras:

 

13-26/05/21 Xornadas “Falemos Xogando” de concienciación sobre a diversidade funcional auditiva. Proxecto Enki:

Traballando a concienciación sobre as diferentes diversidades funcionais, e en colaboración coa Fundación Abrente participamos nas xornadas de sensibilización “Falemos xogando” que constaron dunha charla online de concienciación sobre as persoas con diversidade funcional, na que colaboraron a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) e a Organización Nacional de Cegos Española (ONCE), a creación dun mural pintado co alfabeto dactilolóxico español e co alfabeto Braille.

Utilizamos ámbalas dúas experiencias para realizar actividades nas clases posteriores, como a experimentación de deportes adaptados nas clases de Educación Física ou a creación dos nosos nomes cos distintos alfabetos nas clases de Linguas.

 

 

2-4/06/21: Visita ao MUNCYT:

Noutra das nosas excursións, (en colaboración co Concello, que participou coa financiación dos autocares), asistimos por grupos en varios días á Coruña a visitar o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT).

Foi unha visita moi enriquecedora, onde tamén aproveitamos a visita e o bo tempo para percorrer o Paseo marítimo coruñés, ademáis de gozar no tempo de lecer das inmediacións e as vistas dende o Monte de San Pedro.

Preme na imaxe, para ver máis fotos e vídeos:

 

11/6/21: Roteiro interpretativo pola costa de Caión:

Xa como despedida deste curso,volvemos sacar as aulas ao exterior, participando nun roteiro interpretativo pola costa de Caión, coa colaboración da Escola Medioambiental Senda Nova.

O alumnado de 3º a 6º de Primaria, aprendendo en profundidade particularidades da fauna e a flora da nosa costa, mentres que os alumnos/as máis cativos realizaron unha andaina coas súas mestras, no que mesturaron coñecementos de ciencias con actividade física.

Gozamos dun día estupendo, ao carón da escola!

 

15/6/21: Xornada de actividades na praia:

Aproveitando o bo tempo e as posibilidades que nos ofrece a nosa contorna, pasamos un gran día practicando xogos populares e realizando castelos de area na praia de Salseiras de Caión.

 

 

 

13-20/5/21 Xogos populares e tradicionais:

Nas sesións de Educación Física do mes de maio, próximas ao Día das Letras Galegas, tivemos un achegamento aos Xogos populares e tradicionais de Galicia. Petanca, mariola, comba, trompos ou tabas foron algúns dos divertimentos propios dos nosos nais/pais ou avós/avoas que recordamos nestas sesións.

 

 

Creación de Xoguetes con materiais de refugallo

Tamén nas sesións de Educación Física houbo tempo para construir xogos e xoguetes con materiais de refugallo.

Nesta actividade colaboraron tamén as familias, e foi moi destacable a creatividade que desprenderon na construción dos xoguetes. Tanta, que fixemos unha exposición con tódalas creacións.

 

16-18/06/21. Excursións de Fin de curso: “O enredo do abelleiro” (Portodemouros) e Fervenzaaventura (Silleda)

Como cúlmen a este curso tan atípico como apasionante marchamos de excursións de Fin de curso.

Os alumnos/as de Ed. Infantil remataron o seu proxecto sobre “As abellas” cunha visita ao centro apicultor “O enredo do abelleiro”.

Os alumnos/as de Ed. Primaria gozamos dunha excursión chea de actividade física e educación medioambiental na Granxa-escola Fervenzaaventura.

 Preme nas imaxes, para ver máis fotos e vídeos:

Educación Infantil: O enredo do abelleiro

Educación Primaria: Fervenzaaventura

 

RESUMO ACTIVIDADES PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO "Contra o aburrimento, Caión en movemento" (2º Trimestre)

10/02/21: Visita virtual á exposición virtual "Bocados" da Domus-Casa do Home da Coruña.

Nesta visita online todo o alumnado de primaria visitamos parte da exposición permanente do Museo, ademais de percorrer, dun xeito máis concreto, a exposición temporal "Bocados" sobre nutrición e Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, ademáis de realizar xogos interactivos e un show de experimentos relacionados co noso proxecto dos ODS (Alimentación, cambio climático e coidado medioambiental...).

 

12/02/21: O Entroido:

Este ano organizamos unha xornada de disfraces en torno á temática do noso proxecto: “ODS: Obxectivos de Desenvolvemento Sostible”.

Durante toda a semana fixemos unha Gymkana con probas relativas a cada ODS.

O venres, unha vez rematadas as probas, fixemos un pasarúas pola vila e rematamos a xornada degustando produtos do entroido coa colaboración da ANPA.

 Preme nas imaxes, para ver máis fotos e vídeos:

Entroido 2021.- ODS:

Gymkana ODS:

 

24-26/02/21: Visita ao Aquarium Finisterrae:

Grazas ácolaboración co Concello (que nos financiou os autocares para asistir por grupos burbulla en varios días) retomamos as excursións presenciais coa visita ao Aquarium finisterrae da Coruña.

Foi unha visita na que gozamos e aprendimos un montón de cousas sobre a flora e a fauna do noso litoral.

 Preme na imaxe, para ver máis fotos e vídeos:

 

05/03/21: Carreira solidaria conmemorativa do Día da Muller e a favor de Balrial (Banco de alimentos Rias Altas):

Este ano levamos a cabo unha recollida de alimentos a favor do Banco de alimentos Rias Altas da Coruña. Esta recollida foi culminada coa “I Carreira solidaria do Día da Muller do CEIP de Caión”, onde vivimos os valores da solidariedade, superación dun mesmo/a e xogo limpo.

  Preme na imaxe, para ver máis fotos e vídeos:

Preme aquí, para ver o vídeo-resumo da Carreira.

 

08/03/21: Día da muller:

As alumnas do equipo de axudantes da biblioteca xunto coa Coordinadora da biblioteca dramatizaron o conto "ELLAS" da autora e ilustradora Raquel Díaz Reguera. Todos os alumnos/as colaboramos na elaboración das distintas mulleres que foron dramatizadas, e o resultado foi un relato espectacular e moi emocionante.

 Preme na imaxe, para ver o vídeo resumo de tódalas actividades para conmemorar esta data:

 

May be art of 1 person, child and text that says "3 hundo FIN"

RESUMO ACTIVIDADES PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO "Contra o aburrimento, Caión en movemento" (1º Trimestre)

30/09/2020: Celebración do Día Mundial do Deporte Escolar.

En conmemoración do Día Mundial do Deporte escolar e para vivenciar a nosa propia “volta á nova normalidade”, os alumnos/as do cole fixemos unha Andaina pola nosa costa de Caión. Andando, gozamos da nosa natureza, aprendemos a coidar a nosa contorna e fixemos merecidos descansos para merendar e xogar cos amigos/as.

Para ver máis fotos e vídeos, premer na imaxe:

Día do deporte escolar

 

 

 

08/10/2020: VII Carreira de obstáculos pola inclusión ENKI: Esta Carreira organizada pola Fundación Abrente, xa vai pola súa VII edición. No CEIP Caión “argallamos” probas nas que había que superar diferentes obstáculos, e pasamos un día xenial, practicando actividade física ao aire libre.

Temos que destacar a inestimable axuda dos voluntarios/as de 5º e 6º de Ed. Primaria, que se encargaron de que todo funcionase ás mil maravillas.

Para ver máis fotos e vídeos, premer na imaxe:

16/10/2020: Limpeza de Praias:

Como tódolos anos o CEIP Caión participamos na recollida e limpeza dos areais da vila coa colaboración do Concello. Árdua tarefa foi existrar e clasificar todo o lixo que atopamos, pero valeu a pena, deixar as nosas praias un pouco máis limpas, e á súa vez, concienciarnos do que como individuos podemos influir no coidado do medioambiente.

Preme aquí, para ver a noticia nos medios de comunicación.

 

 

23/10/2020: Pakolas en Concerto:

Coa colaboración do Concello, organizamos un fantástico concerto didáctico onde Paco Cerdeiras acudíu a presentarnos o seu novo Libro Disco Ramona Órbita e nós aproveitamos para mover o esqueleto e bailar ao son da súa música.

Preme aquí, para escoitar a canción de Ramona Órbita.

 

13/11/2020: Celebración do DÍA DAS LIBRARÍAS:

En coordinación co equipo de Bibliotecas, o equipo de mestres realizamos unha dinámica na que o alumnado puido ver, en relación aos ODS, as diferencias que hai entre os diferentes tipos de familias en relación aos seus ingresos económicos, fomentando a compra simbólica do alumnado cun reparto inxusto dos recursos. Esta dramatización serviunos para darnos conta do nocivo que pode ser o consumismo e tamén para traballar a tolerancia e empatía cos nosos compañeiros/as.

Para ver máis fotos e vídeos, premer na imaxe:

 Preme aquí, para ver o vídeo desta actividade realizada polos alumnos/as de 1º e 2º.

 

13/11/2020: Magosto:

Para conmemorar o Magosto fixemos diversas actividades por aulas en torno ás castañas. Para rematar e en colaboración coa a A.N.P.A do centro, tivemos unha degustación de produtos do outono.

22/12/20: Festival de Nadal. Este ano vivimos un Festival de Nadal un  pouco atípico, porque non puidemos disfrutar del todos/as xuntos/as. Aínda así, puxemos todo o noso empeño en ensaiar as nosas paxoliñas, bailes, coreografías e teatro e grazas ás novas tecnoloxías, toda a Comunidade educativa, de xeito telemático, puido gozar coas nosas actuacións.

 

Para ver o festival online, premer na imaxe:

ABERTO O PRAZO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA E DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR..

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA NOVO ALUMNADO CURSO 2021-2022.

 

Lembrámosvos que o prazo de formalización de matrícula é do 20 ao 30 de xuño. Solicitarase CITA PREVIA: vía telefónica (881880694) ou correo electrónico (ceip.caion@edu.xunta.es).

 

DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR:

1.- Formulario de matrícula: (descargar aquí) ou solicitar no centro.

2.- Dúas fotos tamaño carnet.

3.- Copia da tarxeta saniataria do alumno/a.

4.- Certificado de empadroamento.

5.- Libro de familia (se non entregou na admisión).

6.- DNI/NIE dos proxenitores e do alumno/-a (se o ten e se non se entregou).

7.- Transporte escolar (cubrirase no momento de formalizar a matrícula).

8.- Comedor escolar (Xestionado pola ANPA. Información ao formalizar a matrícula).

 

Distribuir contido


by Dr. Radut