Skip to Content

Educación Física

QUE GAÑAS DE PRACTICAR IUDO

  Dende o clube de iudo Bergantiños tivemos a ocasión de participar dunha exhibición deste deporte. Nenos e nenas e mesmo todos os docentes estivemos en vilo durante todo o rato que durou a mesma. Non nos conformamos con isto senón que tamén probamos distintas técnicas. Tanto gustou, que en EF decidimos facer unha unidade didáctica de deportes de loita, para afondar máis nesta modalidade.

ALIMENTACIÓN SAUDABLE

  Unha boa parte da nosa saúde fundaméntase na alimentación. Somos o que comemos, reza un dito popular. E ben parte de razón hai nisto. Observando e valorando durante unhas semanas as merendas que os nenos e nenas traen na hora do recreo comprobamos facilmente como hai unha gran abundancia de produtos procesados e envasados. Predominan os doces e a repostería industrial fronte ás froitas ou os lácteos. Ben é certo que ás veces isto é o máis cómodo pero se dende o centro podemos dar alternativas e incentivar opcións máis saudables, gañamos todos e todas.

 

 

VALORAMOS A NOSA CONDICIÓN FÍSICA

Este curso decidimos que era importante coñecer e valorar o estado de condición física dos nosos nenos e nenas a través dun sistema de medición estándar e comparable con datos reais doutros centros educativos da mesma comunidade autónoma. O programa DAFIS, preséntase como unha ferramenta útil para valorar as necesidades de actividade física dun grupo de poboación tan importante como é a infancia. Os resultados obtidos vértense nunha aplicación que facilita coñecer o mapa de actividade física galego e que permite facer fronte ás posibles carencias que poida haber mellorando as posibilidades de práctica de actividade física que se oferten dende os centros e os concellos.

 

O CEIP de Caión presenta un nivel aceptable pero mellorable, co que temos un bo punto de partida para mellorar a saúde e a calidade de vida do noso alumnado, promocionando hábitos de vida saudables en consonancia co mesmo.

 

No seguinte enlace, podedes comprobar toda esta información segundo distintos parámetros como idade, IMC, etc:

https://dafis.xunta.es/es/

CAMIÑANDO POR CAIÓN

Agora que o tempo acompaña e o curso está a piques de rematar, imos a continuar poñéndonos en forma, nada máis e nada menos que cunha camiñada pola contorna de Caión. Durante todo o percorrido tivemos a ocasión de gozar da paisaxe que ofrece tanto o paseo marítimo como o camiño pola costa desta zona. Pasámolo en grande, e aínda que rematamos con algunha dor de pernas, foi unha experiencia a repetir.

MAGOSTO CON XOGOS TRADICIONAIS

Celebramos o magosto!!! É ben sabido que as castañas dan unha chea de enerxía, cousa que aproveitamos para facer unha xornada de xogos tradicionais organizados en estacións. Grandes e pequenos o pasaron en grande recuperando os xogos de sempre. 

MÓVETE POLA LIMPEZA DE PRAIAS

Dende o concello da Laracha ofrecéusenos a posibilidade de participar este mes de outubro nunha xornada de limpeza de praias, oportunidade fantástica para complementar o noso proxecto. Así que, alá fomos! De camiño atopamos unha nutria que parecía ferida e demos o aviso para que puidesen curala.

 

A xornada foi moi intensa e a cantidade de lixo que recollemos por toda a praia, abraiante. Non paramos de movernos percorrendo todas as zonas marcadas e sentímonos moi ledos de contribuír ao coidado do noso medio máis próximo. Fixemos exercicio e á par, unha labor moi importante.

 

Velaí a mostra da noticia:

https://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2018/10/22/ninos-vecinos-empresas-retiran-playa/1340040.html

 

 

INICIACIÓN AO FLOORBALL

MOVIENDO LA VIDA

NUTRICIÓN

NORMAS DO COLPBOL

Pinchade para coñecer ben as normas deste xogo

Distribuir contido


by Dr. Radut