Skip to Content

Complementarias

O NADAL

DESDE O CEIP DE CAIÓN QUEREMOS FELICITARVOS AS FESTAS E DESEXARVOS UN PRÓSPERO ANINOVO.

O MAGOSTO

 O día 11 de Novembro celebramos no centro o Magosto. A maña distribuíse do seguinte modo:

  • Talleres nas aulas, onde os alumnos/as fixeron os diferentes distintivos para os xogos e realizaron tamén cestos para poder introducir as castañas.
  • Xogos: tivemos catro estacións:"Apunta ben", "Saltando vou e veño", "xogos de sempre" e "festa rachada".
  • Comida e degustación de castañas asadas, preparada por eses magníficos pais e nais cas que contamos neste centro.

Agora vai unha mostra do que vivimos ese día:

O SAMAÍN-HALLOWEEN

 

Durante a semana do 24 ata o 28 de outubro celebrámolo Halloween-Samaín no centro e para iso fixemos unha serie de actividades como:

  • Decoración do centro, a entrada da escola convertíuse nunha zona de pantasmas, murais, cabazas e diferentes elementos que ambientaron o Samaín-Halloween.

 

 

  • O equipo de biblioludo preparou unha exposición con recomendacións de libros para os alumnos/as do centro con temática de terror.

 

 

 

 

  • Por último, o día 28 todos alumnos/as realizamos unha actividade conxunta cantando e bailando na biblioteca do centro con diferentes videos.
Distribuir contido


by Dr. Radut