Skip to Content

Aberto prazo de formalización matrícula. Curso 23/24

Estimadas familias.

Infórmasevos de que o prazo de FORMALIZACIÓN de matrícula está aberto. Entre o 20 e o 30 de xuño podedes vir pola dirección do centro a entregar os seguintes documentos:

Para a solicitude dos servizo de madrugadores (Conciliando na Laracha) e comedor escolar, informarásevos no momento da entrega de como proceder.

Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar. Curso 23-24.

No presente curso vense de publicar as diferentes axudas da Consellería para adquisición de libros de texto e material escolar. Como sabedes non temos libros de texto en ningún curso, mais o curso que vén implementaremos o traballo coas Snappets nos cursos de 1º a 4º de Primaria.

  Convócanse as seguintes axudas:

  . Fondo Solidario de Libros de texto (3º a 6º de Educación Primaria). (nós non temos)

 . Axudas para mercar libros de texto (1º e 2º de Educación Primaria) (tamén compatible coa licenza de uso de Snappet).

    • Rendas per cápita iguais ou inferiores a 6.000 euros : 240 euros libros.
    • Rendas per cápita entre 6.000 e 10.000 euros: 160 euros libros.
    • Discapacidade igual ou superior ao 65% e Educación Especial: 300 euros libros.

 

  . Axudas para material escolar (Todos os cursos de Educación Primaria): rendas per cápita iguais ou inferiores a 6.000 euros: 75euros. Rendas per cápita entre 6.000 e 10.000 euros: 60€.

 

 PRAZO DE PRESENTACIÓN: Ata o 21  de Xuño. Deberá presentarse preferiblemente por internet na aplicación Fondolibros. Para presentación no centro é IMPRESCINDIBLE PRESENTARSE PERSOALMENTE UN DOS PROXENITORES. Recoméndase solicitar cita previa. AQUÍ podedes descargar os anexos (ou solicitade unha copia na dirección do centro).

 

 Calquera dúbida solucionarase  por teléfono: 881880694 ou por correo electrónico: ceip.caion@edu.xunta.gal

 

 DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

  . Fotocopia do Libro de Familia (imprescindible).

  . Anexos I e II (nun mesmo formulario). Poden imprimirse da aplicación Fondolibros ou obterse no propio centro ou descargándoos aquí.

  . Sentenza xudicial e/ou convenio regulador (só nos casos de separación ou divorcio).

  . Fotocopia do DNI (só se non permite a comprobación telemática).

  . Declaración da renda 2021 (só se non permite a comprobación telemática).

  . Certificado de minusvalía (só se non permite a comprobación telemática ou non está avalada pola Xunta).

  . Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero (de ser o caso).

  . Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos Servicios Sociais (só se o/a pai/nai non ten DNI).

  Presentarase unha única solicitude para todos os irmáns matriculados no mesmo centro

  No caso de realizar dita solicitude por vía telemática (Internet), terán cubrir unha solicitude por fillo.

  Para o cómputo da renda, deberán sumarse as casiñas 435 + 460 do exercicio fiscal 2021, de todos os membros computables con ingresos, e dividirse polo número de membros da unidade familiar a 31 de decembro de 2021. Se non se presentou a Renda no 2021, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola AEAT.

 Pódese consultar a orde na que se convocan todas estas axudas no seguinte enlace: Orde 10 de abril de 2023.

 

ADMISIÓN ALUMNADO. LISTAXES DEFINITIVOS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS + XORNADA DE PORTAS ABERTAS.

Informamos ás familias que todo o alumnado que realizou a solicitude de admisión dentro do prazo para o curso 2023/2024 están admitidos no centro (agás en 1º de primaria, onde xa se lle comunicou como proceder de xeito individual á familia non admitida).

 As listaxes están publicadas no taboleiro do centro.

 A formalización de matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

Para o alumnado de nova incorporación de 4º de Educación Infantil, farase unha xornada de presentación do centro e a aula para as crianzas e familias. Terá lugar o mércores 14, de 11:00 a 12:30 (aproximadamente).

Nesa xornada informarémosvos de como proceder e a documentación que teredes que aportar.

Calquera dúbida podedes mandar un correo ao ceip.caion@edu.xunta.gal ou chamar ao 881880694.

 

 

 

ADMISIÓN ALUMNADO. LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS

Procédese á publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos para o curso 2023/2024.

Todas as solicitudes recibidas para 4º de E. Infantil e 3º, 4º e 5º de primaria, foron admitidas.

As solicitudes recibidas para 1º de primaria tiveron que asignarse por proceso de baremación e, provisionalmente, hai unha solicitude que non obtivo praza.

Estas listaxes pódense consultar no taboleiro do centro ou na aplicación admisiónalumnado (empregando a chave 365 ou o certificado dixital). Non se publicarán na web, debido a lei de protección de datos.

Poderase formular reclamación ante o consello escolar no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte día ao da súa publicación.

Publicación de listaxes definitivas antes do 16 de maio.

O prazo de formalización de matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut