Skip to Content

CALENDARIO DE ACTUACIÓNS ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2016

RESOLUCIÓN conxunta do 26 de setembro de 2016, da Dirección Xeral deCentros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (D.O.G. 04.10.16).
- A Xunta Electoral constituirase entre o 2 e 8 de novembro de 2016.
- As eleccións celebraranse entre os días 23 e 29 de novembro de 2016

 

DATAS

ACTUACIÓNS ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2016

Luns

24 de outubro

 - Publicación no taboleiro de anuncios do Centro , e envío de circular anunciando o sorteo para a designación dos membros da Xunta Electoral ( Artigo 30 do Decreto 92/1996, DOG. do 9 de agosto )

Martes

25 de outubro

 - 12:00 Horas: Sorteo público para a designación dos membros da Xunta Electoral. ( Titulares e Suplentes )
- Segundo o resultado anterior , envío de citacións para a Constitución da Xunta Electoral para o 3 de novembro.

Xoves

3 de novembro

 Primeira reunión da Xunta Electoral:
- Acto da súa constitución.
- Aprobación do calendario de actuacións
- Publicación nos taboleiros de anuncios:
a) Das convocatorias de eleccións nos distintos sectores educativos.
b) Dos correspondentes censos electorais.
- Escrito ao Concello e a ANPA solicitando a designación dos seus representantes (Orde do 22 de xullo de 1997, cap. VII 3.2 ).

Venres

4 de novembro

 - Publicación e envío de circular aos profesores, pais, persoal de administrac. e serv.
- Comeza o prazo de presentación de candidaturas e das posibles reclamacións ó censo.

Do 4 ao 11 de

novembro

 - Prazo de presentación de candidaturas.

Mércores

9 de novembro

 - Envío de convocatoria para a celebración da segunda reunión da Xunta Electoral
- Envío de convocatoria de Claustro informativo para o día 16 (Art. 35 do Decreto 92/1988)

Luns

14 de novembro

 - Segunda reunión da Xunta Electoral:
Admisión, proclamación e publicación de candidaturas.
• Aprobación dos censos electorais e de modelo de papeletas, sobres...
• Sorteo público para a designación dos membros das mesas electorais.

Martes

15 de novembro

 - Comezo das distintas campañas electorais.
- Reunión de Claustro de Profesores (Lectura de normas, Relación de candidaturas, acordo de convocatoria de Claustro extraordinario para o día 30 de novembro, mércores).
- Envío de:
• Convocatoria de Claustro extraordinario a celebrar o día 28.
• Citacións para a constitución da mesa electoral.
• Convocatoria para a terceira e última reunión da Xunta Electoral

Luns

28 de novembro

 - VOTACIÓNS:

- Profesorado (Claustro extraordinario).

Mércores

30 de novembro

 Terceira e última reunión da Xunta Electoral:
• Proclamación e publicación de candidatos electos.
• Traslado das actas das mesas electorais e do Anexo I ó Xefe Territorial.

Xoves

1 de decembro

 - Envío de convocatoria de reunión para a constitución do novo Consello Escolar. (Artigo 52 do Decreto 92/1988, DOG do 29 de abril).

Venres

9 de decembro

 Celebración de reunión do novo Consello Escolar:
• Constitución do Consello..
• Designación dos membros que van a constituír a Comisión Económica.
• Designación da persoa responsable de impulsar medidas educativas que fomenten a igualdade real e efectiva entre homes e mulleres. (Art. 126.2 da LOE).
• Constitución do Comisión da Convivencia Escolar. (Art. 6º do Decreto 8/2015, do 30 de xuño).

Antes do 20

de decembro

 Envío á/ao Xefa/e Territorial do formulario que se publica como Anexo II Segundo a Resolución do 26 de setembro de 2016 (DOG do 4 de outubro).

MÁIS INFORMACIÓN NESTE ENLACE: Premer aquí

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 16-17

 

 

Xúntase a ORDE do 7 de xuño de 2016 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2016/17 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia. (premer aquí)

 

No portal da Consellería tedes toda a información ao respecto sobre o calendario escolar.

 

Unha vez aprobados os días non lectivos (2 de novembro de 2016 e 2 de maio de 2017) no Consello Escolar e pendentes da aprobación por parte da Xefatura Territorial, o calendario escolar para o presente curso no CEIP de Caión será este. Facede click na imaxe para descargalo en formato .pdf.

 

 

NOVA APLICACIÓN DE COMUNICACIÓN COAS FAMILIAS: TokApp School

Resultado de imagen de tokapp school

Para comunicarnos con vós dun xeito rápido e sinxelo no C.E.I.P DE CAIÓN empregaremos a plataforma TokApp School, invitando a pais e nais a que a descarguedesa aplicación de xeito gratuíto nos vosos teléfonos móbiles ou tablets.

Destacar que esta é unha aplicación, totalmente gratuita, para teléfonos Android, Windows Phone ou iOS. Está dispoñible en Google Play Store, Windows Phone Store e Mac App Store.

Vós teredes que descargala e rexistrarvos, a partir dese momento estaremos en contacto con vós a través da  aplicación. É esencial, por tanto, que o número de teléfono móbil ou dirección de correo electrónico que proporcionou ao centro sexa o correcto, pola contra, deberán ponerse en contacto con C.E.I.P DE CAIÓN para modificalo.

Neste enlace tedes a información sobre cómo realizar a alta: https://www.tokapp.com/tokappschool/faq.

En caso de non ter teléfono con conexión de datos, empregaremos o correo electrónico para comunicarnos con vós. Se alguén ten algún impedimento para recibir a información por calquera destas vías que o comunique na dirección do centro.

LISTAXE DEFINITIVA FONDO DE LIBROS DO ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

LISTAXE DEFINITIVA MODIFICADA DA ADXUDICACIÓN DO FONDO DE LIBROS PARA O ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA. (premer aquí)

Na listaxe anterior engadíronse os libros de adqisicón complementaria que fará o centro e que lle corresponderán a Pedro Fariña López, Xurxo Amado González e Yerai Mallo Rodo.

 

LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO EXCLUÍDO DO FONDO DE LIBROS DE EDUCACIÓN PRIMARIA. (premer aquí)

 

Os libros serán entregados en setembro polos seus titores. Xa se poñerán en contacto cos beneficiarios.

Distribuir contido


by Dr. Radut