Skip to Content

Educación Física

MISIÓN: VENCER AL CORONAVIRUS

A semana santa está aquí!!! E dende a área de E.F. vos propoñemos un reto: Hai que continuar  a loitar por manter a saúde. Precisamos voluntarios e voluntarias!

 

Se vos atrevedes... Consultade o arquivo adxunto premendo na foto!

NON PARES DE MOVERTE...NA CASA!

  Ola rapazada! Xa levamos uns cantos días nos fogares. É certo que cumprir a nosa programación de Educación Física deste xeito é complicado, pero sempre podemos buscar recursos para continuar a levar unha vida activa que ben sabedes que o exercicio e a actividade física son imprescindibles para a nosa saúde. Buscade cada día, aínda que non nos tocase sesión de EF, un ratiño para movervos e, se ademais conseguides contaxiar ao resto da familia e incluso.... Por que non? Facer de profes e de profas para eles, seguro que o pasades fenomenal. Eu vos irei dando ideas aínda que non teño dúbida de que as vosas cabeciñas dan para moito. Imos aló!!!!!

 

  Como a estas alturas probablemente algún ou algunha estamos "oxidados" (polo menos eu :) ) sería bo comezar o día cuns exercicios de movilidade articular e estiramentos que nos axuden a poñernos en marcha e a cargarnos de enerxía. Animádesvos?

 

 

  Nota: Lembra que un estiramento consiste en manter a posición que indica cada debuxo durante 15-20 segundos sen facer rebotes (avanzar adiante e atrás) e que NUNCA debe DOER!! Tes que notar que a zona muscular está en tensión pero non chegar ao punto en que moleste. Sempre é mellor ir pouco a pouco e xa verás como cada semana consigues chegar máis alá.

 

 

  E para desconectar e botarse unhas risas.. Por que non un baile?? Avísovos que é moi pegadizo! 

Circuíto de axilidade. E.F. na casa!!!

  Xa a piques de rematar a semana propóñovos unha idea para facer un circuíto de educación física aproveitando o espazo que teñades en casa. Esta é só unha suxerencia, podedes modificala tanto como vos guste!! E se é posible...compartide!

 

 

8 Xogos con globos para practicar E.F. na casa

 

  Hoxe é día de E.F!!! Só precisas uns globos para practicar estes xogos... Ou os que sexas quen de inventar!!!! Algún ben chulo ha de saír así que se queres comparte para que os demais o poidan levar a cabo. No arquivo adxunto está toda a información. A pasalo ben!

 

YOGIC!

 

YOGIC! Canal de youtube con ioga para nenos. Aprende ioga xogando.

 

APPS E XOGOS ONLINE PARA MOVERSE!

Para ANDROID:

  • Practica posturas de ioga a través desta app que, aínda que está en inglés, é moi doada de seguir:

Cartel

 Acceso á app no seguinte enlace: https://play.google.com/store/apps/details?id=com.HomeFitness.KidsYogaTraining&hl=es_419

  • ESPORTI REVOLUTION: MOI INTERESANTE! É un xogo de educación para a saúde e a xeración de hábitos saudables, creado para promover a actividade física nos nenos e nenas e adolescentes da man dos seus pais e nais. Unha actividade física que implica a toda familia.

Esporti Revolution icono

No seguinte enlace accederás á páxina de descarga: https://apkpure.com/es/esporti-revolution/com.biocapax.esportusalud

Para APPLE:

 

  • Lazy monster: Practica movementos doados e divertidos!

 

Resultado de imagen de LAZY MONSTER

Pica no seguinte enlace para acceder á páxina de descarga: https://apps.apple.com/us/app/7-minute-workouts-lazy-monster-pro-daily-fitness-for/id1006057473

 

XOGOS ONLINE: 

  • Diveland: Xogo flash no que poderás aprender cousas interesantes sobre educación física.

Resultado de imagen de DIVERLAND ACTIVIDAD FLASH

http://recursostic.educacion.es/primaria/ludos/web/a/index.html

Ioga para nenos

O ioga é unha actividade física que precisa de moi pouco espazo e que aporta unha chea de beneficios a nivel físico e psicolóxico. Anímate a probala!

https://www.youtube.com/watch?v=nNbRQX8yJWs

 

Ioga con animais!!

https://www.youtube.com/watch?v=t8748OWc1nQ

CAMPO A TRAVÉS CARBALLO 29/11/19

  O pasado venres 29 de novembro celebrouse a primeira fase de Campo a través dentro do programa Xogade, organizado pola Xunta de Galicia. A competición tivo lugar no polígono de Bértoa, en Carballo e nel participaron numerosos centros educativos da contorna.

Resultado de imagen de campo a traves infantil carballo

  A climatoloxía foi benigna e gozamos dun día soleado durante toda a xornada que favoreceu un desenvolvemento máis cómodo da mesma. Dende aquí dar a noraboa a todos e todas os participantes polo esforzo realizado, por seren quen de completar as carreiras en todas e cada unha das categorías, e pola súa implicación e motivación positiva neste evento de convivencia e deporte. Foi todo un éxito! 

  No seguinte enlace podedes ver a información que publicou ao respecto o concello de Carballo, e que inclúe imaxes dos podios xunto coa clasificación dos e das tres primeiros chegados á meta en cada categoría.

  http://www.carballo.org/novas.php?id=6937&idioma=gl&sec=30&fbclid=IwAR3cevAS2aYbfN3xbaRK5x2I2lpYejwx8wIUcWGkiJku4x3YB5mC_zqQxk8

 

  A páxina que se mostra a continuación lévavos á clasificación xeral na que podedes comprobar cal foi a posición de cada participante nesta carreira de campo a través.

https://atletismo.gal/wp-content/uploads/2019/11/rc291119.pdf

 

  Grazas a todos e a todas por asistir!!! E recordámosvos que en breve temos unha nova cita para acompañar ás clasificadas femininas para a vindeira fase. Moito ánimo para elas dende aquí!

CARREIRAS CAMPO A TRAVÉS 2019/2020

Este curso o noso centro vai participar novamente nas carreiras de campo a través organizadas a través do programa deportivo Xogade. Xa temos toda a información do evento, que vos facilitamos a continuación:

Data da carreira: venres 29/11/19.

Lugar de celebración: Campo de fútbol municipal das Eiroas, polígono de Bértoa, Carballo.

Categorías: 

  • Benxamín masculino e feminino. Alumnos/as nados no 2012-2011.
  • Alevín masculino e feminino. Alumnos/as nados no 2010-2009.
  • Infantil masculino e feminino. Alumnos/as nados no 2008-2007.

Horarios das probas: Aproximadamente para cada categoría, son os que seguen:

HORA CATEGORÍA DISTANCIA VOLTAS
10:15 Cadete masculino 2400 m 4 voltas
10:30 Cadete feminino 1200 m 2 voltas
10:45 Infantil masculino 1200 m 2 voltas
11:00 Infantil feminino 1000 m 2 voltas con saída 2oo m adiantada
11:15 Alevín masculino 1000 m 2 voltas con saída 200 m adiantada
11:30 Alevín feminino 800 m 2 voltas con saída 400 m adiantada
11:45 Benxamín masculino 600 m 1 volta
12:00 Benxamín feminino 500 m 1 volta

Deste xeito, se tedes oportunidade, podedes acercarvos ao estadio a animar a todos e todas os participantes. 

No enlace que aparece a continuación podedes consultar a normativa ao respecto enviada dende Deporte Escolar.

 

A todos e todas os nenos que van correr, desexarlles que sexa unha xornada de deporte e diversión na que o importante non será gañar senón esforzarse. Tamén aproveitamos para recordar que, se a climatoloxía non acompaña, é recomendable que levedes roupa de recambio (zapatillas, calcetíns, pantalón e suadeira) para voltar ao colexio secos e secas no caso de que chova. Ánimo!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut