Skip to Content

Animación á lectura

3º CICLO PRESÉNTANOS ÁS FADAS

Despois dunhas semanas investigando, os alumnos de terceiro ciclo convidáronnos, a mestres e alumnos, a unha exposición didáctica sobre as fadas. Nótase que traballaron moito e quedoulles preciosa.

  

NOVO PROXECTO TRIMESTRAL DA BIBLIOLUDO: SERES MITOLÓXICOS

 

Cambiamos de trimestre e a nosa biblioludo despide o cómic para dar a benvida a un novo proxecto sobre OS SERES MITOLÓXICOS.

Rebuscamos polos andeis da biblioteca en busca de libros relacionados coa temática e atopamos un montón deles; apareceron fadas, ananos, monstruos, bruxas, gnomos, xigantes, pitufos... Logo fíxose unha exposición con eles, para ir motivando a mestres e alumnos. Seguro que con tanta maxia, poderes e misterio van xurdir ideas para traballar FABULOSAS!

A continuación mostrámosvos a exposición.

PRESENTANDO A... PERSONAXES DO CÓMIC

 

 

Para seguir investigando sobre o cómic o equipo de Biblioludo proponnos agora a actividade de investigar un pouco máis para coñecer a fondo algúns personaxes que nos resulten de interés. Despois das votacións realizadas en cada aula os elexidos foron os seguintes:

 

EDUCACIÓN INFANTIL: Tom e Jerry

 

PRIMEIRO CICLO E.P.: Zipi e Zape

 


SEGUNDO CICLO E.P.: Mafalda


TERCEIRO CICLO E.P.: Superman

 

 

E agora unha mostra do conxunto final:

 

 

Unha vez rematado o traballo de recopilación e representación do aprendido en murais e en formato libro, reunímonos todo o colexio na biblioteca, para realizar unha actividade conxunta que consistiu nunha presentación dos distintos personaxes.

 

 

NOVO PROXECTO TRIMESTRAL DA BIBLIOLUDO: O CÓMIC

O Equipo de dinamización da BIBLIOLUDO preparou diversas actividades para traballar, durante este primeiro trimestre, a temática do CÓMIC.


Dende os diferentes ciclos leváronse a cabo tarefas de investigación sobre os elementos do cómic. Deste xeito, os alumnos de Educación Infantil analizaron as figuras cinéticas; o alumnado de Primeiro Ciclo de Educación Primaria centrou o seu campo de investigación nas onomatopeias; en Segundo Ciclo estudiaron os bocadillos e o Terceiro Ciclo sorprendeunos cunha análise sobre os diferentes tipos de planos. Por último, cada grupo plasmou a información nos vistosos pósters que amosamos a continuación.

 


 

EDUCACIÓN INFANTIL: AS FIGURAS CINÉTICAS

 

PRIMEIRO CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA: AS ONOMATOPEIAS

 

SEGUNDO CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA: OS BOCADILLOS

 

TERCEIRO CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA: OS PLANOS


 


RENOVACIÓN DA BIBLIOTECA

Actualizamos a nosa biblioteca adquirindo novos exemplares das últimas novidades en literatura infantil e xuvenil, libros de divulgación, cómics, poesía e DVDs. Animádevos e a disfrutalos!

Estas son algunhas das novas adquisicións.

 

DECORANDO O CENTRO COS DEBUXOS DE ABRAHAM CARREIRO

Abraham Carreiro agasallounos coa sua presenza, coas súas ensinanzas e tamén cunha mostra dos seus debuxos que, moi gustosamente, os nenos e nenas do CEIP de Caión colorearon polas tardes na Biblioludo para decorar o centro. Este foi o resultado:

 

 


 

 

  

ABRAHAM CARREIRO VISITA A NOSA BIBLIOTECA

 Comezamos a actividade da nosa biblio con forza e tivemos a sorte de contar coa visita de Abraham Carreiro, o ilustrador.

Abraham debuxando á Cegoña, mascota da súa colección de contos.

 

Grazas á súa presencia no noso colexio, puidemos ver a facilidade coa que é capaz de debuxar as personaxes creadas por el. Comezou facendo a mascota da súa colección: “Contos que len outros nenos do mundo”. Deste xeito puidemos ver todo o proceso de elaboración da personaxe, as expresións corporais e todo o que rodea o proceso da ilustración.
Máis adiante empezamos a traballar nós tamén. Tras unhas indicacións feitas por Abraham, procuramos facer os nosos animaliños. Puxemos o noso maior empeño, mais cómpre seguir practicando.

 

E tras moito traballar chegou a hora de marchar. Pasámolo en grande e encantounos a visita de Abraham. Agora quédanos a lembranza dos seus debuxos feitos do seu puño e letra, os seus autógrafos así coma os seus libros. Gustáronnos moito!
Volve por Caión cando queiras!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut