Skip to Content

CAMPAÑA SOLIDARIA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS

Informamos de que a partir de hoxe levaremos a cabo unha CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS, até o vindeiro mércores 27 de marzo. Podedes traer:

  • Conservas de peixe, de vexetais...
  • Leite, cacao e galletas
  • Legumes
  • Aceite
  • Todo tipo de alimentos non perecedeiros

Agardamos contar coa vosa colaboració!

Os alimentos serán depositados na entrada do centro até o propio día da recollida, mais se o podedes traer antes, imos clasificándoos nós.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

O mércores, 27 de febreiro, de 16:30 a 17:30 horas celebraremos a xornada de portas abertas dirixida ás familias que desexen coñecer o centro.

Se vos interesa o noso centro, para os vosos/as fillos/as, non dubidedes en acudir.

Haberá charlas explicativas, coñecerás a algún dos mestres/as e faremos unha visita por parte das instalacións (logo que a nosa biblioteca está en obras)...

Vén a visitarnos!

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2019/2020.

Dende o día 1 ao 20 do mes de marzo, poden proceder á solicitude de admisión para o novo alumnado. 

Teñen a súa disposición a solicitude na dirección do centro ou pode descargala no seguinte enlace. Tamén existe a posibilidade de cubrir a solicitude online na aplicación da Xunta "admisionalumnado". En todo caso deberá ser presentada finalmente no centro.

 O proceso terá o seguinte calendario:

Calendario do proceso de admisión para o curso 2019/20 
Publicación de vacantes 1 de marzo
Presentación de solicitude de admisión  Do 1 ao 20 de marzo
Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos  Antes o 25 de Abril
Publicación de listaxes definitivas  Antes de 15 de maio
Formalización de matrícula  Do 20 ao 30 de xuño

  Solicitude de admisión: Do 1 ao 20 de marzo (premer para descargar e cubrir a solicitude)

  • Para alumnado que non está actualmente matriculado no centro. É dicir, novas matrículas para o curso 2019/20.

Documentación: Como indica o punto 5 da orde do 25 de xaneiro, coa solicitude de admisión adxuntarase:

  • Impresos de solicitude cumprimentados
  • Copia DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a consulta.
  • Documentación acreditativa do requisito de idade do/da alumno/a.
  • Documento acreditativo de estar en dispoisición de reunir os requisitos académicos exixidos en cada nivel educativo ou etapa nos termos do Anexo II.
  • Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso.
  • Xustificantes se o alumnoa/a presenta necesidades específicas de apoio educativos (achegando, se fose o caso, a documentación que acredite as circunstancias alegadas).

Unha vez transcurrido o prazo de admisión e publicadas as solicitudes admitidas, neste enlace podedes descargar a solciitude de formalización de matrícula.

Prazas vacantes
  EDUCACIÓN INFANTIL
Niveis 4º INFANTIL 5º INFANTIL 6º INFANTIL
Prazas ofertadas

25

3 (NEE)

4  2
  EDUCACIÓN PRIMARIA
Niveis 1º CURSO 2º CURSO 3º CURSO 4º CURSO 5º CURSO 6º CURSO
Prazas ofertadas 7 2  5 3 0 6

  HORARIOS 

HORARIO LECTIVO: 9:30h - 14:30h.

SAÍDA TRANSPORTE ESCOLAR: 14:30H

SERVIZO DE COMEDOR: De 14:30 a 16:00h

   SERVIZOS EDUCATIVOS COMPLEMENTARIOS

  • TRANSPORTE ESCOLAR: Servizo gratuíto para alumnado que vive a máis de 2 km do centro. As prazas libres poden ser solicitadas polo resto do alumnado pertencente a área de influenza do centro.
  • COMEDOR ESCOLAR:Servizo de pago que é xestionado pola ANPA. Os usuarios poden ser fixos, fixos-discontinuos ou esporádicos.
  • BIBLIOTECA - LUDOTECA -SALA DE ESTUDOS: (de valde) O alumnadoterá a súa disposición dende ás 16:00h ata as 18:00h de luns a xoves. Estas actividades son guiadas por profesorado do centro.
  • OUTRAS ACTIVIDADES (ANPA E CONCELLO): Ofertan distintas actividades de pago ou de valde segundo demanda en horario de 16:00h a 18:00h.

 OUTRAS INFORMACIÓNS DO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2018-2019

-DECRETO 254/2012 ( Admisión de alumnado en centros docentes).

-ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado.

-ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos público. 

-ANUNCIO DO SORTEO PÚBLICO ANUAL DAS LETRAS DE PRIORIDADE PARA RESOLVER OS EMPATES NO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO NO CURSO 2019/20

-INSTRUCIÓN sobre o rexistro de solicitudes de admisión.

- INSTRUCIÓNS da Xefatura Territorial 2019/2020.

-Enlace á web da Xunta con información sobre o procedemento.

 
-Enlace á aplicación de solicitude de praza admisionalumnado da Xunta.

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Unha vez celebradas as eleccións ao Consello escolar nesta semana, adxúntanse os resultados coas súas correspondentes actas:

 

Grazas a toda a comunidade pola excelente participación!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut