Skip to Content

E.F.

Letras galegas 1: Xogamos coa goma!

  Acércase un día moi salientable na nosa comunidade autónoma: O día das Letras Galegas. E para celebralo imos rememorar unha parte imprescindible da nosa cultura e que se foi transmitindo de xeración en xeración. Agora tócavos a vós practicalos e ensinarllos a todos os vosos amigos e amigas, para que nunca se perdan e sempre teñades recursos para xogar. Por máis cuarentenas que haxa! ;)

Saltar a la goma | MiniGranada

  Nesta ocasión comezamos cos xogos con... Goma elástica!!! Cando era pequena, era o meu xogo favorito. Podía enredar horas e horas con ela. Animádesvos? Comezamos!

  • ALTURIÑAS: 2 personas quedan e suxeitan a goma polos extremos estirándoa sen que chegue ao máximo. O xogo comeza na primeira posición: os nocelos, e segundo vaian saltando todos os xogadores/as vaise subindo de nivel a goma. As posicións son as seguintes:

          * Primeiras: goma nos nocelos.

          * Segundas: xemelgos.

          * Terceiras: xeonllos.

          * Cuartas: debaixo dos glúteos.

          * Quintas: cintura.

          * Sextas: debaixo das axilas.

          * Séptimas: á altura do mentón.

          * Oitavas: nariz.

          * Novenas: fronte.

          * Décimas: sobre a cabeza.

   A goma hai que pasala sempre por riba e se non se logra superar a altura, se apanda nun dos extremos da mesma.

  • Telaraña: 2 persoas suxeitan a goma polos laterais, crúzanse, písanse e enrédanse todo o que se poida ata formar un entramado similar ao da telaraña. Polo medio da mesma e sen pisar teñen que pasar o resto de xogadores/as.

 

  • Calippo: hai que ir saltando a goma mentres se canta a seguinte canción: "Calippo/ipo/ipo/es el helado que te quita el hipo/si lo aprietas sube/si lo dejas baja/sube y baja/sube y baja con/calipo". Podedes ver mellor a forma de xogar no seguinte vídeo:


  • Sangre cuajada: Xógase mentres se canta a seguinte canción: "Sangre cuajada de primera división/me voy al cementerio para hacer la digestión/Mi casa es un castillo/mi cama un ataúd/y mi comida favorita las pipas con pus". Tamén hai que ir superando niveis nos que se empeza saltando a goma dun xeito moi doado e despois se vai complicando a forma de enganchala. Coma sempre quen perde, apanda nun dos extremos da goma.


  • Chicle americano: A canción di así: "Chicle más chicle/más chicle americano/que se estira/que se encoge/que se pisa/y que se sale", mentres se realizan os movementos correspondentes:


  • Chanclas patanclas: Este xogo é bastante máis complexo de coordinar. Pero vós podedes!!! A canción di: "Chanclas/clas/patanclas/clas/azules/les/y blancas/cas/chanclas/patanclas/azules/y blancas". 


Acepta o reto: EFecto vida

 EFecto vida é un proxecto que aparece para levar a Educación Física aos fogares pero cunha perspectiva totalmente diferente: a dos videoxogos. Trátase da proposta dun mestre que me pareceu tan interesante que non podo máis que compartírvola porque traballando en equipo somos máis fortes e lograremos acabar co Covid-19. España está en perigo e precisa da vosa axuda...

XA!!!!

  Aceptade o reto e embarcádevos nesta aventura que non vos vai deixar indiferentes. 

 

Publicidad Luminosa / Noche / Hongkong / China | HD Stock Video ...

 

https://view.genial.ly/5e70f8bbbc60c602d6e8f541/presentation-efecto-vida-1o-y-2o

Exprésate!

 Que tal? Como vos vai? A maioría das veces usamos o son para comuncarnos pero... Que vos parece se cambiamos de recurso? Imos comezar a expresarnos utilizando a linguaxe corporal. A continuación déixovos unhas tarxetiñas para imitar as situacións que nela se propoñen. Podedes xogar en parella ou en grupo e ver quen é o mellor actor ou actriz!!

 

 

   E a continuación... O xogo das profesións!! Podes utilizar estas mesmas ou crear as túas propias. Para xogar precísanse mínimo dúas persoas. Lembra que podes facer xestos pero non falar nin imitar sons e a outra persoa deberá recoñecer de que profesión se trata.

  E por que non? Podes xogar tamén a adiviñar froitas, comidas, películas... Todo o que se che ocorra pero... Sen falar!

LUDOS! E.F. de forma diferente

  Estamos de volta!! A semana santa rematou e comezamos o último trimestre do curso. Que vos parece? Pasou ben ás présas. Hoxe vos propoño un recurso diferente para E.F. É outro xeito de aprender:

 

  Para 1º e 2º: Repasamos o que sabemos do noso corpo

Para 3º e 4º: Xogo limpo!

Para 5º e 6º: Alimentos olímpicos

MISIÓN: VENCER AL CORONAVIRUS

A semana santa está aquí!!! E dende a área de E.F. vos propoñemos un reto: Hai que continuar  a loitar por manter a saúde. Precisamos voluntarios e voluntarias!

 

Se vos atrevedes... Consultade o arquivo adxunto premendo na foto!

NON PARES DE MOVERTE...NA CASA!

  Ola rapazada! Xa levamos uns cantos días nos fogares. É certo que cumprir a nosa programación de Educación Física deste xeito é complicado, pero sempre podemos buscar recursos para continuar a levar unha vida activa que ben sabedes que o exercicio e a actividade física son imprescindibles para a nosa saúde. Buscade cada día, aínda que non nos tocase sesión de EF, un ratiño para movervos e, se ademais conseguides contaxiar ao resto da familia e incluso.... Por que non? Facer de profes e de profas para eles, seguro que o pasades fenomenal. Eu vos irei dando ideas aínda que non teño dúbida de que as vosas cabeciñas dan para moito. Imos aló!!!!!

 

  Como a estas alturas probablemente algún ou algunha estamos "oxidados" (polo menos eu :) ) sería bo comezar o día cuns exercicios de movilidade articular e estiramentos que nos axuden a poñernos en marcha e a cargarnos de enerxía. Animádesvos?

 

 

  Nota: Lembra que un estiramento consiste en manter a posición que indica cada debuxo durante 15-20 segundos sen facer rebotes (avanzar adiante e atrás) e que NUNCA debe DOER!! Tes que notar que a zona muscular está en tensión pero non chegar ao punto en que moleste. Sempre é mellor ir pouco a pouco e xa verás como cada semana consigues chegar máis alá.

 

 

  E para desconectar e botarse unhas risas.. Por que non un baile?? Avísovos que é moi pegadizo! 

Circuíto de axilidade. E.F. na casa!!!

  Xa a piques de rematar a semana propóñovos unha idea para facer un circuíto de educación física aproveitando o espazo que teñades en casa. Esta é só unha suxerencia, podedes modificala tanto como vos guste!! E se é posible...compartide!

 

 

8 Xogos con globos para practicar E.F. na casa

 

  Hoxe é día de E.F!!! Só precisas uns globos para practicar estes xogos... Ou os que sexas quen de inventar!!!! Algún ben chulo ha de saír así que se queres comparte para que os demais o poidan levar a cabo. No arquivo adxunto está toda a información. A pasalo ben!

 

YOGIC!

 

YOGIC! Canal de youtube con ioga para nenos. Aprende ioga xogando.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut