Skip to Content

Educación Física

RESUMO ACTIVIDADES PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO "Contra o aburrimento, Caión en movemento" (1º Trimestre)

30/09/2020: Celebración do Día Mundial do Deporte Escolar.

En conmemoración do Día Mundial do Deporte escolar e para vivenciar a nosa propia “volta á nova normalidade”, os alumnos/as do cole fixemos unha Andaina pola nosa costa de Caión. Andando, gozamos da nosa natureza, aprendemos a coidar a nosa contorna e fixemos merecidos descansos para merendar e xogar cos amigos/as.

Para ver máis fotos e vídeos, premer na imaxe:

Día do deporte escolar

 

 

 

08/10/2020: VII Carreira de obstáculos pola inclusión ENKI: Esta Carreira organizada pola Fundación Abrente, xa vai pola súa VII edición. No CEIP Caión “argallamos” probas nas que había que superar diferentes obstáculos, e pasamos un día xenial, practicando actividade física ao aire libre.

Temos que destacar a inestimable axuda dos voluntarios/as de 5º e 6º de Ed. Primaria, que se encargaron de que todo funcionase ás mil maravillas.

Para ver máis fotos e vídeos, premer na imaxe:

16/10/2020: Limpeza de Praias:

Como tódolos anos o CEIP Caión participamos na recollida e limpeza dos areais da vila coa colaboración do Concello. Árdua tarefa foi existrar e clasificar todo o lixo que atopamos, pero valeu a pena, deixar as nosas praias un pouco máis limpas, e á súa vez, concienciarnos do que como individuos podemos influir no coidado do medioambiente.

Preme aquí, para ver a noticia nos medios de comunicación.

 

 

23/10/2020: Pakolas en Concerto:

Coa colaboración do Concello, organizamos un fantástico concerto didáctico onde Paco Cerdeiras acudíu a presentarnos o seu novo Libro Disco Ramona Órbita e nós aproveitamos para mover o esqueleto e bailar ao son da súa música.

Preme aquí, para escoitar a canción de Ramona Órbita.

 

13/11/2020: Celebración do DÍA DAS LIBRARÍAS:

En coordinación co equipo de Bibliotecas, o equipo de mestres realizamos unha dinámica na que o alumnado puido ver, en relación aos ODS, as diferencias que hai entre os diferentes tipos de familias en relación aos seus ingresos económicos, fomentando a compra simbólica do alumnado cun reparto inxusto dos recursos. Esta dramatización serviunos para darnos conta do nocivo que pode ser o consumismo e tamén para traballar a tolerancia e empatía cos nosos compañeiros/as.

Para ver máis fotos e vídeos, premer na imaxe:

 Preme aquí, para ver o vídeo desta actividade realizada polos alumnos/as de 1º e 2º.

 

13/11/2020: Magosto:

Para conmemorar o Magosto fixemos diversas actividades por aulas en torno ás castañas. Para rematar e en colaboración coa a A.N.P.A do centro, tivemos unha degustación de produtos do outono.

22/12/20: Festival de Nadal. Este ano vivimos un Festival de Nadal un  pouco atípico, porque non puidemos disfrutar del todos/as xuntos/as. Aínda así, puxemos todo o noso empeño en ensaiar as nosas paxoliñas, bailes, coreografías e teatro e grazas ás novas tecnoloxías, toda a Comunidade educativa, de xeito telemático, puido gozar coas nosas actuacións.

 

Para ver o festival online, premer na imaxe:

Pasapalabra de los deportes

  Hoxe tráiovos un recurso diferente para E.F.: Un pasapalabra dos deportes. Seredes quen de completar o rosco sen erros?

EL JUEGO DE PASAPALABRA DE LOS DEPORTES | Educación Física Espartero

https://eleinternacional.com/wp-content/uploads/2017/02/PASAPALABRA-DE-LOS-DEPORTES.pdf

De ratón a ratón y tiro porque me mola mogollón. Especial psicomotricidade

  Esta actividade está pensada para que a fagan os máis pequenos e pequenas da familia e para que a disfrutedes en conxunto. Trátase dun xogo semellante á oca no que cada casiña indica unha acción motriz a realizar. Podedes tirar de imaxinación e darlle as voltas que se vos ocorra!! O máis importante é moverse e pasar un rato en familia.

 

Letras galegas 3: Xogos de sortes

É a quenda nesta ocasión dos xogos de sortes. Algo tan necesario cando ninguén quere apandar nun xogo... Ou pola contra cando hai demasiados voluntarios/as. E xa non falemos de escoller capitáns ou capitanas...!!

 

Don Xulián

Arco da vella:

Tris tras:

 

Que entre que entre:

Ghato ghato maraghato


 

E na seguinte páxina web podedes atopar moooooitos máis:

https://orellapendella.gal/category/xogos/para-botar-as-sortes/

Letras galegas II:Xogos de palmas

  Nesta ocasión imos rescatar os xogos de mans ou palmas que son moi socorridos para eses días nos que non podemos saír de casa, temos un rato de ocio ou, simplemente, preferimos un xogo máis tranquilo. Iso sí, son perfectos para mellorar a nosa coordinación!! Atoparedes algúns moi doados e outros que vos levará algo máis de tempo aprender. De seguro moitos os coñecedes pero agardo sorprendervos con outros... E se coñecedes ou xogades a algún diferente... A que esperades?? Gravádevos e contádemo para que poidamos ensinarllo a máis xente!

 

Chocolate

Don Federico

 Milikituli:

Era una paloma:

Chino capuchino mandarín:

Mariposa:

Yo tengo una muñeca y Chocolate:

Pepito fue a China:

 A ver quien se equivoca:

Picapiedra (para xogar individualmente):

Letras galegas 1: Xogamos coa goma!

  Acércase un día moi salientable na nosa comunidade autónoma: O día das Letras Galegas. E para celebralo imos rememorar unha parte imprescindible da nosa cultura e que se foi transmitindo de xeración en xeración. Agora tócavos a vós practicalos e ensinarllos a todos os vosos amigos e amigas, para que nunca se perdan e sempre teñades recursos para xogar. Por máis cuarentenas que haxa! ;)

Saltar a la goma | MiniGranada

  Nesta ocasión comezamos cos xogos con... Goma elástica!!! Cando era pequena, era o meu xogo favorito. Podía enredar horas e horas con ela. Animádesvos? Comezamos!

  • ALTURIÑAS: 2 personas quedan e suxeitan a goma polos extremos estirándoa sen que chegue ao máximo. O xogo comeza na primeira posición: os nocelos, e segundo vaian saltando todos os xogadores/as vaise subindo de nivel a goma. As posicións son as seguintes:

          * Primeiras: goma nos nocelos.

          * Segundas: xemelgos.

          * Terceiras: xeonllos.

          * Cuartas: debaixo dos glúteos.

          * Quintas: cintura.

          * Sextas: debaixo das axilas.

          * Séptimas: á altura do mentón.

          * Oitavas: nariz.

          * Novenas: fronte.

          * Décimas: sobre a cabeza.

   A goma hai que pasala sempre por riba e se non se logra superar a altura, se apanda nun dos extremos da mesma.

  • Telaraña: 2 persoas suxeitan a goma polos laterais, crúzanse, písanse e enrédanse todo o que se poida ata formar un entramado similar ao da telaraña. Polo medio da mesma e sen pisar teñen que pasar o resto de xogadores/as.

 

  • Calippo: hai que ir saltando a goma mentres se canta a seguinte canción: "Calippo/ipo/ipo/es el helado que te quita el hipo/si lo aprietas sube/si lo dejas baja/sube y baja/sube y baja con/calipo". Podedes ver mellor a forma de xogar no seguinte vídeo:


  • Sangre cuajada: Xógase mentres se canta a seguinte canción: "Sangre cuajada de primera división/me voy al cementerio para hacer la digestión/Mi casa es un castillo/mi cama un ataúd/y mi comida favorita las pipas con pus". Tamén hai que ir superando niveis nos que se empeza saltando a goma dun xeito moi doado e despois se vai complicando a forma de enganchala. Coma sempre quen perde, apanda nun dos extremos da goma.


  • Chicle americano: A canción di así: "Chicle más chicle/más chicle americano/que se estira/que se encoge/que se pisa/y que se sale", mentres se realizan os movementos correspondentes:


  • Chanclas patanclas: Este xogo é bastante máis complexo de coordinar. Pero vós podedes!!! A canción di: "Chanclas/clas/patanclas/clas/azules/les/y blancas/cas/chanclas/patanclas/azules/y blancas". 


Acepta o reto: EFecto vida

 EFecto vida é un proxecto que aparece para levar a Educación Física aos fogares pero cunha perspectiva totalmente diferente: a dos videoxogos. Trátase da proposta dun mestre que me pareceu tan interesante que non podo máis que compartírvola porque traballando en equipo somos máis fortes e lograremos acabar co Covid-19. España está en perigo e precisa da vosa axuda...

XA!!!!

  Aceptade o reto e embarcádevos nesta aventura que non vos vai deixar indiferentes. 

 

Publicidad Luminosa / Noche / Hongkong / China | HD Stock Video ...

 

https://view.genial.ly/5e70f8bbbc60c602d6e8f541/presentation-efecto-vida-1o-y-2o

Exprésate!

 Que tal? Como vos vai? A maioría das veces usamos o son para comuncarnos pero... Que vos parece se cambiamos de recurso? Imos comezar a expresarnos utilizando a linguaxe corporal. A continuación déixovos unhas tarxetiñas para imitar as situacións que nela se propoñen. Podedes xogar en parella ou en grupo e ver quen é o mellor actor ou actriz!!

 

 

   E a continuación... O xogo das profesións!! Podes utilizar estas mesmas ou crear as túas propias. Para xogar precísanse mínimo dúas persoas. Lembra que podes facer xestos pero non falar nin imitar sons e a outra persoa deberá recoñecer de que profesión se trata.

  E por que non? Podes xogar tamén a adiviñar froitas, comidas, películas... Todo o que se che ocorra pero... Sen falar!

DAFIS. 5º, 6º E.P.

  Rapaces e rapazas de 5º e 6º. Que tal?? Como está a ser esta experiencia de "cole na casa"? Botades de menos volver á rutina? Eu vos aseguro que si.

 

  Preciso un favor pola vosa parte, Para rematar de completar os datos das probas de DAFIS que fixemos hai un tempo, preciso uns datos que quedaron no colexio e, nestas circunstancias, non podo recoller. En que consiste?

  • Medición do perímetro da cintura: De pé, cos pés xuntos e abdome relaxado, realizamos unha medición horizontal na parte máis estreita do torso (normalmente xusto enriba do embigo). Lembrade non meter tripa!! Que non vos fai falla! E a continuación completades o dato no formulario.

 

  • Medición do perímetro de cadeira: Tamén en posición de pé pero con estes lixeiramente separados (menos do ancho de cadeiras) realízase a medición horizontal na parte máis ancha por riba do prego glúteo.

 

 Para poder completar o formulario, podedes picar no enlace co botón dereito do ratón e indicarlle que vaia á dirección que sae ou ben, copialo e pegalo no navegador e xa volo despregará automaticamente. Millóns de grazas!

 

 https://forms.gle/xjRc8ohDU9bpi5X17

LUDOS! E.F. de forma diferente

  Estamos de volta!! A semana santa rematou e comezamos o último trimestre do curso. Que vos parece? Pasou ben ás présas. Hoxe vos propoño un recurso diferente para E.F. É outro xeito de aprender:

 

  Para 1º e 2º: Repasamos o que sabemos do noso corpo

Para 3º e 4º: Xogo limpo!

Para 5º e 6º: Alimentos olímpicos

Distribuir contido


by Dr. Radut