Aberto o prazo de solicitude das axudas para libros de texto e material escolar do CONCELLO DE LUGO

As familias interesadas deberán presentar a solicitude até o 16 de setembro (prazo ampliado) no rexistro xeral do concello, doutra administración pública ou por vía telemática.

O novo prazo remata o día 16 de setembro, se publicará na páxina web do concello e no BOP dos próximos días.
Recordamos que a solicitude pode entregarse no rexistro do concello, pedindo cita no 010; por sede electrónica (lugo.gal) ou en calquera otro rexistro oficial; ou en correos.

Abre o prazo para solicitar as axudas para libros de texto e material escolar para familias con escasos recursos no segundo ciclo de educación infantil para o curso 2020-2021.

Poderán optar a axudas individuais de 100€ a persoas que estean empadroadas en Lugo, para investir nas librerías do concello en libros de texto e material escolar para os alumnos e alumnas matriculadas en centros sostidos con fondos públicos.

 

REQUISITOS:

As axudas adxudicaranse aos solicitantes cuxa renda familiar non supere 0.66 veces o IPREM, sendo o único criterio a contía da renda de menor a maior. No caso de non cubrirse todas as solicitudes, continuaranse adxudicando ás beneficiarias cuxa renda familiar anual non supere  0.80 veces o IPREM.

COMO E ONDE PRESENTAR A SOLICITUDE:

Para realizar as solicitudes as persoas interesadas deberán presentar a solicitude e a documentación requirida no rexistro do Concello, preferentemente por vía telemática, presencialmente no concello, solicitando cita previa no 010 ou noutras administracións até o 16 de setembro.

Máis información na web do Concello http://concellodelugo.gal/gl/novas/aberto-o-prazo-de-solicitude-das-axudas-para-libros-de-texto-e-material-escolar

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer