PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 20/21

PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Curso 2020-2021

                                        TIPO DE AXUDAS QUE SE PODEN SOLICITAR                                                                     

  1. Fondo solidario de libros de texto:Dirixido ao alumnado matriculado en 3º,4º,5º e 6º de Educación Primaria e en 1º, 2º, 3º e 4º da ESO. Consiste na entrega en forma de préstamo de libros ao alumnado en función dos requistos da convocatoria.

  2. Axudas para adquirir libros de texto:Dirixidas ao alumnado matriculado en 1º, 2º de educación primaria e de educación especial (EE), alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65% e alumnado NEAE. Consiste na entrega dun VALE as familias en función da súa renda, para canxear nunha libraría polos libros que lle correspondan.

  3. Axudas para adquirir material escolar: todo o alumnado matriculado en educación primaria (EP), ESO e EE. Consiste na entrega dun VALE ás familias en función da súa renda, para canxear nunha libraría por material escolar (cadernillos, libretas, bolis...)

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de presentación das solicitudes será ata o 19 de xuño de 2020.

PRESENTARASE UNHA ÚNICA SOLICITUDE PARA TODOS OS IRMÁNS MATRICULADOS NO NOSO CENTRO

As solicitudes poderanse presentar (preferiblemente nesta orde):

  • Preferiblemente na aplicación FONDOLIBROS na web. Podes descargar o Manual do cidadán da aplicación para cubrir en rede, FNDLIB - Fondolibros, no adxunto maís abaixo.
  • Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia. Buscar o procedemento correspondente ao anexo I ED330B (o anexo II aparecerá adxunto ao final da solicitude, podes descargalo clicando no aadxunto máis abaixo).

  • Presentación no centro: presentación do ANEXO I (procedemento ED330B) e o ANEXO II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar), debidamente asinados xunto coa documentación precisa.

 

FORMULARIOS PARA A SOLICITUDE

Os formularios para a solicitude, así como os enlaces para a súa presentación telemática, atópanse na aplicación FONDO LIBROS. No centro tamén teremos a disposición as solicitudes impresas.

 

REQUISITOS PARA A SOLICITUDE

  • Fondo solidario de libros de texto: Todo o alumnado matriculado en 3º,4º,5º e 6º de Educación Primaria e en 1º, 2º, 3º e 4º da ESO.

  • Axudas para adquirir libros de texto: Todo o alumnado matriculado en 1º, 2º de educación primaria e de educación especial (EE), alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65% e alumnado NEAE.

  • Axudas para adquirir material escolar: todo o alumnado matriculado en educación primaria (EP), ESO e EE.

  • O alumnado matriculado en centros incluídos no proxecto E-DIXGAL está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto. Pode solicitar a axuda para adquirir material escolar.

  • Devolución no centro actualdos libros adquiridos coa axuda do curso 2019-2020 (a falta de devolución será causa de exclusión das axudas): ata o 22 de xuño, serán convocados polo titor/a para devolvelos presencialmente no centro.

  • Renda per cápita: un tramo igual ou inferior a 6.000€ e outro tramo de rendas superiores a 6.000€ ata os 10.000€.

  • A solicitude será única para todos/as os/as fillos/as admitidos no mesmo centro docente.

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

 Solicitude ED330B(Anexo I) debidamente cuberto.

  • Anexo II para a comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar. No caso de que todos ou algún dos membros computables se opoñan á consulta dos datos deberán indicalo marcando o cadro correspondente e achegar os seguintes documentos xustificativos:

    • DNI ou NIE

    • Declaración do imposto sobre as persoas físicas ou o certificado de tributación de imputacións no exercicio 2018.

    • Certificado do grao de discapacidade recoñecido pola Xunta de ser o caso.

    • Percepción de pensión por incapacidade ou outras causas.

  • Copia do libro de familia ou equivalente onde figuren todos os membros computables. No caso de separación ou divorcio deberán achegar a sentenza xudicial e/ou o convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.

  • No caso de que o solicitante non posúa DNI ou NIE deberase acreditar o número de membros computables empregando algún dos seguintes medios:

    • Copia do libro de familia.

    • Certificado ou volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

  • Certificado acreditativo do grao de discapacidade, de ser o caso.

  • Documentación xustificativa nos casos de violencia de xénero.

  • Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada, de ser o caso

  • Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

  • Deberá presentarse copia e orixinal para verificar a súa validez. Todos os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, reflectindo a situación persoal, familiar e económica a 31 de decembro de 2018, agás naqueles supostos de violencia de xénero onde se aplicará o disposto na lexislación específica para estes casos.

 

                                                                         iNFORMACIÓN  ACLARATORIA                                                           

  • CÁLCULO DA RENDA PER CÁPITA FAMILIAR: é a renda da unidade familiar do exercicio 2018 dividido entre o número de membros computables. A renda da unidade familiar será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza. Obtense de sumar a base impoñible xeral (recadro 435) e a base impoñible de aforro (recadro 460). No caso de non haber presentado a declaración da renda no 2018 teranse en conta os ingresos de acordo aos datos tributarios facilitados no certificado de imputación da renda pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.

  • MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR

    • Os pais non separados legalmente ou os titores do alumnado.

    • Fillos/as menores de idade ao cargo con excepción dos emancipados.

    • Fillos/as maiores de idade discapacitados ou incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

    • Fillos/as solteiros menores de 25 anos que convivan no domicilio familiar.

    • No caso de divorcio ou separación, cando exista custodia compartida, incluiranse dentro do cómputo as rendas de ambos proxenitores.

    • A persoa que, por novo matrimonio ou por convivencia en situación de unión de feito ou análoga, viva no domicilio familiar coa persoa proxenitora do alumnado.

    • No caso de membros computables que acrediten discapacidade igual ou superior o 33% ou a percepción dunha pensión da Seguridade Social por incapacidade nos graos de total, absoluta ou gran invalidez ou a equivalente de clases pasivas, computará por dous.

    • Cando non exista vínculo matrimonial a unidade familiar entenderase constituída polo pai, nai, e todos os descendentes que convivan con eles.

  • MEMBROS NON CONSIDERADOS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR

    • A persoa proxenitora que non conviva co alumnado non casos de separación legal ou divorcio, agás no caso de custodia compartida.

    • O agresor nos casos de violencia de xénero.

 

         RESUMO DO FONDO SOLIDARIO E DAS AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR            

 

*O alumnado con discapacidade igual ou superior ao 65% e o alumnado NEAE que a xuízo do centro docente non poida empregar os libros de texto ou o material dixital no caso de centros

E-DIXGAL, e non existan libros adecuados no fondo solidario en ningún curso no que estea matriculado, recibirá un vale para libros e outro para material escolar en función do nivel de renda.

AnexoTamaño
ANEXO I E ANEXO II Modelo solicitude fondo libros 20-21.pdf963.12 KB
COMO CUBRIR O MODELO SOLICITUDE FONDO LIBROS.pdf3.18 MB
FNDLIB_MU_ManualCidadan.pdf3.28 MB
باللغة العربية.pdf1.92 MB

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer