Skip to Content

Actividades

Aprendemos sobre protección civil

Onte visitaronnos os nosos amigos da Brigada de Protección Civil de Beariz para darnos unha charla sobre cómo actuar en caso de emerxencia. Explicáronnos sobre as situacións de risco ás que nos podemos enfrontar no centro ou na casa como poden ser un incendio ou unha ferida sangrante. Tamén nos avisaron a qué número chamar: 112. 

Tamén nos ensinaron o camión de bombeiros e mesmo nos deixaron probar os extintores para saber manexar un se nos vemos na necesidade.

Velaí unhas fotos. 

Entroido, por fin!!

O venres 9 de febreiro celebramos no cole o Entroido. Todos e todas nos disfrazamos de superheroes con disfraces que fixemos nós mesmos. Esperamos a que amainara a choiva e puidemos saír a desfilar polo pobo. Fomos á Casa do Concello, ao Centro de Saúde, á Residencia de Anciáns, ao supermercado e á panadería. Divertímonos moito. 

Xoves de comadres!!

O pasado xoves 8 de febreiro celebramos o xoves de comadres. Hoxe tocoulle ás rapazas perseguir aos rapaces para quitarlles as súas comadres. Aínda que as rapazas esforzáronse por atrapalos, os rapaces tiveron máis aguante e varios conseguiron conservar a súa comadre. Todas e todos pasamos un bo rato. 

Velaí algunhas fotos. 

Día de Compadres no colexio

O xoves 1 de febreiro celebramos no colexio o Xoves de Compadres, unha tradición ourensá típica do Entroido, na que as rapazas deben correr cos seus "compadres" evitando que os rapaces llos quiten e destrocen. As rapazas demostraron ter moito aguante.

Pasámolo moi ben!!

Pola Paz no mundo

Hoxe celebramos o día da Paz e para iso reunímonos todos e elaboramos un mural reutilizando os tapóns de botellas de plástico. A través do mural puidemos reflexionar que o mundo precisa paz e que esta paz conseguese traballando xuntos e respectando as nosas diferenzas. Despois elaboramos unhas botellas cunha mensaxe na que explicabamos qué era a paz para cada un de nós. Obtivemos unhas reflexións moi interesantes.  Aquí tendes algunhas fotos.

O día da Ilustración e de Castelao

Hoxe fixemos unha visita á Barcia na biblioteca con motivo da celebración do día da Ilustración e do nacemento de Castelao. Alí, recibimos a visita dun escritor do lugar, que se ofreceu a lernos un dos seus relatos para que nós despois o puidésemos ilustrar. Tamén, falamos de Castelao e mesmo comentamos aspectos sobre a súa peza teatral Os vellos non deben de namorarse. Velaí algunhas fotos. 

 

Participamos en Deporte Escolar!!

O pasado 18 de xaneiro participamos na segunda modalidade de Campo a Través en Puzo do Lago de Maside. O día parecía soleado en Beariz, pero ao chegar a Maside a néboa era espesa. Corrimos entre a néboa pero ao final o sol fixo acto de presencia. Aínda que no quedamos entre os primeiros postos, pasamos un bo rato.

No blogue da Agrupación Deportiva Arenteiro tendes acceso ás imaxes do evento e ás clasificacións do noso alumnado en cada categoría. 


Aprendemos sobre os dentes e os seus coidados

O venres 12 de xaneiro viñeron a explicarnos por cantos dentes está formada a dentadura, qué é unha ortodoncia e cómo podemos coidar os nosos dentes. Ademais, por portarnos tan ben déronnos un agasallo moi chulo. 


Falamos con Papá Noel!!!

O pasado 19 de decembro fomos á aula CEMIT do Concello de Beariz para ter unha videoconferencia con Papá Noel. Fomos con moita ilusión a pedirlle o que queremos que nos traia por Nadal , porque é mellor decirlle as cousas en persoa que por carta!!! Ao rematar, fomos visitar, como en anos anteriores, a Residencia San Antonio, para ver o Belén que alí poñen e felicitar o Nadal ás persoas maiores alí residentes. 

 

Deporte Escolar

O pasado 30 de novembro participamos na primeira actividade de Deporte Escolar do ano. Consistiu nunha proba de Campo a través en Puzo do Lago - Maside. Os máis pequenos estaban moi emocionados porque era a primeira vez que participaban, os maiores querían correr para entrar en calor. Aínda que non quedamos de primeiros, houbo varios dos nosos rapaces e rapazas que uedaron entre os primeiros 20 clasificados! PARABÉNS!! 

Velaquí algunhas fotos do evento. No seguinte enlace podedes ver as clasificacións e buscarvos nelas: BLOGUE ASOCIACIÓN DEPORTIVA ARENTEIRO

Distribuir contido


by Dr. Radut