Skip to Content

FORMALIZACIÓN MATRÍCULA 2020/2021 | Novo Alumnado

 

 

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA | Novo Alumnado

PRAZO: 1 ao 10 de xullo

HORARIO: 10h00 a 13h00

 


 

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

Ver Anexos 

- Formulario de Matrícula

- Solicitude de Transporte Escolar

- DNI das persoas proxenitoras (fotocopia)

- Libro de vacinas (fotocopia)

- Tarxeta Sanitaria

- 3 fotografías tamaño carné (co nome escrito no reverso)

 

 

 

 

Vídeo RICARDO CARVALHO CALERO | Letras Galegas 2020

 

Bo día!

Desde o EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA temos o pracer de presentarvos o vídeo homenaxe a RICARDO CARVALHO CALERO realizado coas achegas do alumnado. Agardamos que o gocedes tanto coma nós.

Muito obrigad@s!

 

 

RECOLLIDA E ENTREGA DE MATERIAIS ESCOLARES

AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR | 2020/2021

 

Asemblea Virtual de Centro | Luns, 20 de abril ás 16h30

 

 

 

ASEMBLEA VIRTUAL DE CENTRO


Próximo luns día 20 de abril de 2020 ás 16h30 teremos de maneira virtual a Asemblea de Centro na que trataremos diversos puntos sobre a actualidade escolar durante esta crise sanitaria do COVID-19.

Faremos a Asemblea por videoconferencia. Para iso tedes que ir á páxina eduxunta.webex.com e acceder á Sala de Reunión número 843841035.



Non é preciso que descarguedes nada, podedes entrar na Reunión usando a versión de navegador, só tendo que identificarse cun nome e un correo electrónico para poder acceder á videoconferencia. Podédesvos conectar cun dispositivo móbil (teléfono, tablet, etc) ou cun ordenador.

 

 

Carta ás Familias | 30 de marzo de 2020

 

Carta ás Familias | 30 de marzo de 2020

Aula Virtual e 2ª Avaliación



Prezadas Familias do CEIP de Barouta,

Agardamos que esteades ben e que manteñades o ánimo neste confinamento histórico polo COVID-19.

Acabámonos de reunir o profesorado por videoconferencia e mandámosvos este tokapp coas últimas novidades:

AULA VIRTUAL

Xa está operativa a Aula Virtual do CEIP de Barouta. Podedes acceder desde aweb ou directamente no seguinte link:https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipbarouta/aulavirtual2/

A aula virtual do colexio centralizará as actividades de todos os cursos, na esperanza de ordenar o traballo e de facilitarvos o acceso a toda a información nun único lugar.

  • Acceso á Aula Vitual do CEIP de Barouta. Podedes acceder como convidado/a (e ver todo o contido subido) ou con contrasinal (a maiores de ver o contido podedes comentar no foro, enviar as tarefas á mestra/e, etc)

Acceso con CONTRASINAL: 

USUARIO: nome.apelido1.apelido2 

Se hai ñ, sustituese por n, se o nome é composto: nome1.nome2.apelido1.apelido2. Se un apelido ten espazo, sustituese por un punto (.) Por exemplo: “María Begoña del Río Castro” = “maria.begona.del.rio.castro”

CONTRASINAL: changeme

A primeira vez que accedades á Aula Virtual tedes que cambiar o contrasinal.

2ª AVALIACIÓN

De acordo coas instrucións da Consellería, hai que facer a avaliación do 2º trimestre, na que se terá en conta o traballo presencial feito ata o día 13 de marzo, antes da declaración da suspensión da actividade educativa

Dada a restrición de mobilidade polo confinamento, a única maneira de poder ver o boletín de notas será pola aplicación da Consellería de Educación “Abalar Móbil”. Tedes que descargar esta aplicación para que este venres día 3 de abril vos chegue a ela o boletín de notas

  • Descarga de ABALAR MÓBIL

Calquera consulta, non dubidedes en contactar con nós por correo electrónico ou teléfono. Tedes a información de contacto na web do colexio

Contacto CEIP de Barouta: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipbarouta/taxonomy/term/70

Contacto Profesorado: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipbarouta/taxonomy/term/63

 

Recibide todo o noso ánimo, apoio e acompañamento

 

Unha aperta,

Alonso Barreiro Caxade

 

Director do CEIP de Barouta

 

Carta ás Familias | 26 de marzo de 2020

 

ORGANIZACIÓN DA ACTIVIDADE LECTIVA

DURANTE A SUSPENSIÓN DA ACTIVIDADE EDUCATIVA



Prezadas familias do CEIP de Barouta,

 

Querémosvos facer chegar o noso afecto, o noso acompañamento nestes tempos difíciles e confusos, e trasladarvos todo o noso ánimo e apoio, para vós e para os vosos seres queridos.

 

Estes días, o Claustro do CEIP de Barouta, debatimos sobre como colocar as necesidades do alumnado na nosa práctica docente a través do teletraballo. O noso oficio baséase no acompañamento presencial do alumnado, de seguir o seu ritmo de aprendizaxe para ofrecerlle que vaia construíndo novos coñecementos. Pero esa presenza, ese acompañamento como habitualmente o entendemos, non é posible e temos que trazar novas estratexias.

 

Como Centro Educativo e como Claustro estamos facendo un grande esforzo, colectivo e individual, en manter unha comunicación fluída con vós a través de diferentes vías: Web, TokAppSchool, Correo Electrónico, E-Dixgal. Así mesmo, levamos días traballando nunha aula virtual de aprendizaxe que agardamos poder ofrecervos nos próximo días. Todo para que vos sintades acompañados/as e arroupados/as. Que saibades que estamos aquí para o que precisedes.

 

Con todo, a situación histórica que vivimos pon de manifesto moitas desigualdades de recursos tecnolóxicos e dixitais que non todo o alumnado posúe. E isto é unha das cousas que máis nos preocupa. Por moito que enviemos mensaxes, se non se recibe non hai comunicación verdadeira. 

 

Se sabedes que alguén non recibe comunicación do colexio, agradecémosvos que lla fagades chegar do xeito e forma que sexa posible, e tamén que nolo digades para poder ver nós outros canles e medios de comunicación. É importante que esta situación nos manteña unidas/os en Comunidade Educativa, non que nos separe abrindo máis a fenda das desigualdades.

 

Queremos saber de vós, así que, as persoas que queirades e poidades, gustaríanos que nos enviásedes unha nota de voz, un vídeo ou un texto onde nos describades e expliquedes como pasades este momento, para poder compartir con toda a Comunidade Educativa. Tedes á vosa disposición o teléfono móbil do colexio (con WhatsApp) 717 70 74 31 e o correo ceip.barouta@edu.xunta.gal

 

Seguimos en contacto. En breve, como vos anunciamos, darémosvos noticias da nova aula virtual que estará dispoñible na páxina web: 

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipbarouta/aulavirtual2/

 

Recibide todo o noso afecto, apoio e acompañamento neste momento difícil. 

 

Moito ánimo. 

 

Agardamos vernos pronto!



25 de marzo de 2020

 

Clasutro do CEIP de Barouta

 

Distribuir contido


by Dr. Radut