Skip to Content

Marchamos... Xa non estamos por aquí.

Vémonos en www.ceipdebarouta.gal

Ver en ventá diferente de CEIP de Barouta

RECOMPILACIÓN DE RECURSOS PARA QUE GOCEDES: o Apalpador xa anda por Barouta.

CARTAS AO APALPADOR

AGASALLOS DE NADAL EN GALEGO PARA FAMILIAS E CRIANZAS

Tamén queremos compartir a selección de AGASALLOS DE NADAL da Mesa pola Normalización Lingüística. Aproveitade e facede a vosa escolla na carta do Apalpador.

PIPOCAS

GRANDE PRIMICIA!!! Presentamos PIPOCAS FILMES E SERIES EN GALEGO PARA CRIANZAS E FAMILIAS. Os nosos parabéns á Mesa pola Normalización Lingüística por compartir esta iniciativa.

 

FELICITACIÓN DE NADAL DO EDLG DO CEIP DE BAROUTA

Felicitación Apalpador do EDLG

VIDEOCLIP | Alumnado 1º ciclo A | A Banda da Loba - Tribo

 

A banda da Loba soa no timbre musical do CEIP de Barouta durante o mes de decembro grazas ao programa especial de radio feito polo alumnado de 1º ciclo A (que podedes escoitar picando aquí)


Agora, como parte do traballo feito sobre este grupo, tamén prepararon un vídeoclip coa música "Tribo" incluída no novo disco da Banda da Loba "Xabón Lagarta".

Pasen e vexan!

 

GALA DE NADAL | Organizada polo Alumnado de 6º EP

Anotade nas vosas axendas!
 
O alumnado de 6º de EP organiza unha Gala de Nadal, para recadar fondos para a excursión de fin de curso, na que contaremos coa actuación especial de Teatro das Maniotas. IES de Brión (a quen aproveitamos para darlle imenso agradecemento pola súa colaboración!)
 

 

Xoves 15 de decembro de 2022
Ás 18h00
Casa da Cultura de Bertamiráns
5€
 

3 de Decembro | Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional

O 3 de decembro conmemoramos o Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional. Deixámosvos algunhas imaxes dos obradoiros e actividades realizadas no CEIP de Barouta

 

 

 

 

 

 

 

Timbre Musical Decembro | A Bandda da Loba

Novo mes... nova música!
Na sintonía do Timbre Musical do CEIP de Barouta deste mes de decembro temos un grupazo formado por 5 músicas. Con todas vós: A banda da Loba! Xa podedes escoitar na canle de ivoox de #RadioBarouta un programa especial, con entrevista incluída, feito polo alumando de 1º ciclo A!

RADIO BAROUTA | Entrevista ao músico Pakolas

Entrevista feita polo alumnado de 4º de EP ao músico Pakolas quen estivo no CEIP de Barouta en concerto presentando o seu disco "Ramona Órbita, a dona do tempo"

https://go.ivoox.com/rf/97028891

 

25N | En Negro Contra as Violencias Machistas

Grazas ao financiamento da ANPA San Mauro do CEIP de Barouta o alumnado estreará gratis camisola nova da escola!

No Día Internacional pola Eliminación da Violencia Contra as Mulleres, faremos nun acto para o alummado que terá lugar na Biblioteca despois do tempo de patio.Estrearemos un novo vídeo, teremos actuacións do alumnado, lectura do manifesto e, entre outras cousas máis, tamén estrearemos nova camisola EN NEGRO que será entregada gratuitamente a todo o alumnado do colexio grazas ao financiamento da ANPA!

Moitas grazas!

 

Introducing myself - 6º EP

 

Redactora: ÁNGELA TRABA SANTIAGO

O alumnado de sexto de primaria presentaronse e contaronnos cousas delas e deles en english.

Aquí tendes o video.

 

 

MeteoBarouta: rexistro do Tempo - Mes de Outubro 2022

Redactora: ÁNGELA TRABA SANTIAGO

O alumnado de primeiro ciclo, está recollendo datos do tempo tódolos días.

Aquí temos o rexisto do mes de outubro de 2022.

Presentación Candidaturas | Renovación Consello Escolar

PRESENTACIÓN CANDIDATURAS PARA RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR

Xa podedes presentar as vosas candidaturas para a votación á renovación do Consello Escolar que terá luga o 29 de novembro de 2022. Para iso é preciso que cubrades unha instancia modelo (que podedes atopar no apartado Secretaría > Formularios e Instancias ou picando aquí) e que a enviedes por correo-e a ceip.barouta@edu.xunta.gal ou que a entreguedes físicamente no Centro en horario de Secretaría.

O prazo remata o luns día 21 ás 09h00

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut