Resumo semanal Bitácoras (semana 2-6 outubro)
Benqueridas familias.
Convidámosvos a que olledes as bitácoras do colexio. Estamos publicando contidos interesantes e veredes algunhas das cousas que traballamos nos diferentes niveis.
- En Infantil o novo alumnado xa se está adaptando as novas dinámicas e espazos.
- En 1º non todo son matemáticas, tamén celebramos aniversarios.
- En 2º contar cara adiante e cara atrás é sinxelo, mesmo de dous en dous.
- En 3º estamos rexistrando o tempo e traballando a percepción do noso corpo, e como os alimentos inflúen no noso benestar.
- En 4º traballamos coas regletas diferentes aspectos das matemáticas.
- En 5º dividimos e repartimos coas regletas.
- En 6º falamos dunha dinámica que fixemos e amosamos o noso primeiro contacto coas regletas este curso e… queremos máis!
En 5º e 6º, ademáis están desenvolvendo un proxecto relacionado cos seres mitolóxicos galegos. Podedes ver esta información aqui.
- APIs de Blogue
- 99 lecturas