DANDO A CHAPA POLA PAZ.

 

Dada a situación de emerxencia derivada da guerra de Ucraína, o propio alumnado do CEIP As Mercedes de Ourense organizou unha actividade para recadar fondos e doalos a unha ONG que apoie os nenos e nenas afectados pola guerra de Ucraína. (Neste caso seleccionouse UNICEF).

A actividade consistiu na elaboración de chapas con motivos de paz que venderá o alumnado voluntario de 4º, 5º e 6º de educación primaria, na mañá do vindeiro xoves día 5 de maio, na Praza das Mercedes.

Así mesmo, a partires das 11:30, todo o alumnado creará un mosaico colgando unhas franxas coas cores da bandeira Ucraína e con mensaxes de paz. A orde se saída será: 4º EI, 5º EI, 6º EI, 6ºEP, 5ºEP, 4ºEP, 3ºEP, 2ºEP e 1ºEP (saída aproximada cada 15 min).

 

AdxuntoTamaño
dandoachapapolapaz.pdf280.9 KB

Powered by Drupal - Design by artinet