Samaín/Halloween

Estimadas familias

 

O venres día 30, con motivo da celebración do Samaín e do Halloween, o alumnado que así o desexe, pode vir vestido con roupa típica desta celebración. Lamentablemente temos que restrinxir moito esta actividade para garantir o cumprimento das medidas relacionadas co protocolo.

  1. Non se debe traer nada na cabeza (careta, perruca, gorros,...) nin a cara pintada.
  2. A “mascarilla” non pode estar decorada nas casas nin manipulada en modo algún porque podería perder a súa fiabilidade, agás as “mascarillas” homologadas que xa se venden decoradas.
  3. Tampouco se pode traer ningún accesorio/complemento susceptible de ser manipulado polo alumnado.
  4. As actividades relacionadas con esta celebración realizaranse a nivel aula, respectando os grupos estables de convivencia. 

Esperamos que, a pesar de todo, esta actividade resulte motivadora para o alumnado.

 

Un saúdo.

Powered by Drupal - Design by artinet