CALENDARIO 2020

Os calendarios están listos para imprimir pero non poderemos entregalos ata á volta das vacacións de nadal.

A pesares dos esforzos nosos e do alumnado, non todos están "perfectamente colocados na foto", se alguén non está conforme co resultado final e non quere coller o calendario que reservou devolveráselle o diñeiro. Esperamos que vos gusten.

VER MODELOS DE CALENDARIOS 2020

 

 

Igual que fixemos nos últimos anos e trala aprobación no consello escolar do día 15 de outubro, este ano vanse a levar a cabo algunhas actividades para recadar diñeiro para as excursións de fin de curso.

A primeira actividade será un calendario do ano 2020 con foto dos alumnos e alumnas das diferentes aulas do centro. Este ano haberá un calendario por aula para que a foto de cada grupo sexa máis grande.

Rogamos que entreguen esta autorización cuberta e asinada antes do día 26 de outubro para poder empezar a facer as fotos.

Powered by Drupal - Design by artinet