Tecnoloxía Educativa

Grazas a colaboración coa Universidade de Vigo e especialmente coa profesora de Tecnoloxía Educativa da facultade de Ciencias da Educación, Dona Almudena Alonso, contamos coa visita de alumnado desta materia que traballou con algúns alumnos e alumnas do noso centro para aprender uns de outros e mellorar así o proceso formativo de ámbalas dúas partes.

Foi un auténtico pracer e esperamos que sexa a primeira experiencia de moitas.

 

Powered by Drupal - Design by artinet