Esta son eu...Rosalía.

 

                                                              

    24 de febreiro, día de Rosalía de Castro.

 

 Muller forte, loitadora, de principios...tan lonxe desa imaxe melancólica, chorona ou sumisa que ás veces se nos pode transmitir.

Filla de solteira e dun crego. A súa condición de “escritora” e intectual pioneira foi mal vista na súa época.Dicirvos que lle chamaban “A tola”  ¿Por que será que as mulleres que saían do establecido, do imposto ou mostraban as súas dotes intelectuais, chamábanlles a todas así? Loitou por darlle á muller o seu oco na literatura, xa que a través das súas obras denunciaba a inxusta consideración, polos seus coetáneos, da muller escritora. Un exemplo a súa  Carta a Eduarda : “No dejan pasar nunca la ocasión de decirte que las mujeres deben dejar la pluma y repasar los calcetines de sus maridos”.

 

Esta son eu...Rosalía.

 

AdxuntoTamaño
Rosalía de Castro.pptx170.26 MB

Powered by Drupal - Design by artinet