OUFF Escola

O Concello de Ourense en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca o IX Certame de Cinema OUFF Escola, dentro da 23.a edición do Festival de Cine Internacional de Ourense, que se celebrará en 2018.

O Certame de Cinema OUFF Escola nace co obxectivo de impulsar o uso do idioma galego entre a mocidade, coñecer a visión desta sobre a súa contorna sociocultural e fomentar a creatividade audiovisual e o traballo en equipo, nunha linguaxe atractiva para o alumnado, que contribúa a xerar un espírito crítico. Este certame pretende, así mesmo, potenciar o uso das tecnoloxías da información e da comunicación nos centros de ensino e crear un espazo de referencia para a mostra do audiovisual feito nas aulas.

Esta iniciativa encádrase como ferramenta dentro da Directiva Europea de Alfabetización Mediática, que procura dar formación á mocidade sobre o coñecemento e a avaliación do audiovisual..

“Facer cine en Galicia é posíbel. Facer cine en galego é necesario, calquera cultura que queira sobrevivir precisa do cine”. Chano Piñeiro

 

 

Dentro das actividades impulsadas polo OUFF Escola, o alumnado de 5º de primaria do CEIP As Mercedes participa este ano no Obradoiro Cineduca:


Aprendizaxe de dirección, guión, narrativa, linguaxe, cámara, interpretación e produción cinematográfica. Adicada a rapaces de Primaria, será impartidos por profesionais do cine e da pedagoxía.

Aquí tendes uns vídeos que resumen o traballo realizado.

MAKING OF

 

 

 

RESULTADO FINAL

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet