EXCURSIÓNS DE FIN DE CURSO

  VÍDEO DO SORTEO

 

A rifa gañadora foi a Nº 3217 vendida por Carlos da clase de 2º de primaria a "Maro". Parabéns ós gañadores e grazas a todos por participar!

 

 

SORTEO DA CESTA DE NADAL - 20 DE DECEMBRO DE 2017

AÍNDA HAI CALENDARIOS DISPOÑIBLES PARA AS PERSOAS QUE PRECISEN MERCAR ALGÚN MÁIS

 

 

 

DIANTEIRA     TRASEIRA

TAMAÑO APROXIMADO 32X47cm

 

CALENDARIO DE FIN DE CURSO 2018

Xa se pode reservar o calendario do ano 2018 do CEIP As Mercedes de Ourense, recordade que o prezo é de 3€ por calendario que serán integramente destinados a subvencionar a excursión de fin de curso.

 

Para reservar, cada alumno/a debe indicar o seu titor/a o número de calendarios que quere comprar e entregar a cantidade correspondente, os calendarios serán repartidos a principios do mes de decembro.

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!

 

RIFAS

Sortéase unha cesta de nadal para o posuidor da rifa premiada e unha tableta de 7” para o alumno/a que venda a rifa gañadora.


Cada alumno/a levará un talonario de 20 rifas para vender a 1 € cada unha. Non é obrigatorio vendelas todas. Cando un alumno/a non vaia a vender máis rifas debe entregar o talonario e o diñeiro recadado en Secretaría.


Se algún alumno/a vende todas as rifas e quere vender máis pode pedir outro talonario tras entregar o anterior e o diñeiro recadado.

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!

 

Impreso Educación Infantil                                                                     Impreso Educación Primaria

 

Powered by Drupal - Design by artinet