NOF - Normas de Organización e Funcionamento

Está a disposición da comunidade educativa o borrador do NOF(Normas de Organización e Funcionamento) que será aprobado na vindeira reunión de consello escolar coas correccións que se consideren oportunas.

 

Podedes velo no propio centro ou consultalo en liña aquí.

 

 


 

Estamos a actualizar as normas de organización e funcionamento do centro. É un documento extenso e ambicioso que pretende organizar e regular todas as situacións que se producen ou se poden producir na comunidade educativa.

Nesta páxina iremos pondo as medidas que vaiamos incorporando ata poder elaborar o documento definitivo que será aprobado polo consello escolar e estará a disposición de toda a comunidade educativa.

  • Respecto da puntualidade/faltas de asistencia.

É importante que tanto os mestres como os alumnos cheguen puntuais o colexio para un bo aproveitamento da xornada escolar, evitando atrasos e interrupcións.

Ós alumnos que cheguen máis tarde das 9:05 computaráselle no XADE como falta de puntualidade e recibirán aviso por Abalar.

Tamén se lle porá unha falta por cada sesión que non asistan ó centro (5 faltas cada día).


Se un alumno/a chega a 4 días sen xustificar (20 faltas) nun mesmo mes, iniciarase o protocolo de absentismo escolar.


Os pais/nais poden xustificar as faltas cubrindo o formulario correspondente e facéndollo chegar ó titor ou a través de abalar móbil, sempre e cando o titor teña habilitada esta opción en abalar. Cando as faltas sexan reiteradas será imprescindible acompañar xustificante oficial.

  • Acceso as aulas.

O alumnado non poderá acceder as aulas nos momentos en que están valeiras (recreos ou cando están en inglés, música ou educación física) se teñen que ir a buscar algo de vital importancia deberán ir acompañados por un responsable.

Non se poderá acceder ás aulas polas tardes, dado que as aulas permanecerán pechadas, os mestres de garda non teñen chaves das mesmas e as señoras da limpeza non poden asumir a responsabilidade de abrir as aulas ou deixar as chaves.

Esta medida ten como obxectivos a custodia dos libros de texto e material que está na aula e formar ós alumnos para que sexan máis responsables e miren ben todo o que necesitan levar para estudar ou facer as tarefas diarias.

Powered by Drupal - Design by artinet