Actividades do Magosto

magosto

Pedimos a todos os alumnos/as do centro que traian unhas poucas castañas CUN PEQUENO CORTE PARA QUE NON ESTOUPEN Ó ASALAS a partir do luns día 7 de novembro e antes do xoves 10.

 

Taller de castañas

Os nenos e nenas realizarán figuras decorativas empregando castañas nas sesións de plástica

 

O Castañón

Concurso para ver quen trae a castaña máis grande. Cada neno que queira participar terá que traer o xoves 10 de novembro a castaña máis grande que atope. Haberá premios para as castañas que pesen máis en primaria e infantil.

 

O Magosto

O xoves 10 celebraremos o magosto. Asaremos e comeremos castañas, tamén comeremos bolos preñados e beberemos auga. Os alumnos non é preciso que traian nada de comer nin de beber, agás aqueles que por motivos de saúde non poidan tomar algunha das cousas antes mencionadas. Existe a posibilidade de pedir pan sen glute e menú sen porco. Para este cambio ou calquera outro aspecto a ter en conta deberedes comunicarllo ó titor/a do voso fillo/a.

Tamén pesaremos as castañas máis grandes para atopar O Castañón do ano e faremos entrega dos premios.

Debido a posibles alerxias na pel e a motivos de hixiene, limpeza e seguridade, non está permitido coller tizóns nen pintar a cara e é moi importante usar as papeleiras postas ó efecto para pelar as castañas e non deixar o patio lixoso. O persoal de limpeza non ten que "sufrir" o magosto.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet