Moi preto da fervenza máis alta de Galicia, a “Fervenza do Toxa” e a 50 minutos de Ourense, está Fervenzaventura, onde os alumnos de Primaria poderán gozar en plena natureza de actividades de aventura, educación ambiental e granxa escola.
1º e 2º Educación Primaria | 3º e 4º Educación Primaria | 5º e 6º Educación Primaria |
Animais da granxa e horto ecolóxico | Segredos do bosque | Escalada en Rocódromo e tirolina |
Obradoiro de pan | Seguindo as pegadas | Tiro con arco |
COMIDA (Cada alumno/a levará de casa a súa comida para xatar ó mediodía) | ||
Xogos Populares | Xogos Populares | Orientación con GPS |
O prezo da excursión é de 24€ por persoa, 19€ da entrada máis 5€ para axudar a pagar o autobús.
Data límite para apuntarse: martes 14 de xuño de 2016.
O horario será o seguinte:
Entrada ó centro ás 9:00 como un día normal, colleremos o autobús ás 9:30 diante do Hotel Francisco II e estaremos de volta sobre ás 18:30 horas.
IMPORTANTE: A entrega e recollida dos nenos farase no centro.
Que hai que traer:
- A comida para xantar ó mediodía (O CENTRO LEVARÁ AUGA PARA TODOS).
- Roupa cómoda e calzado apropiado.
- Chuvasqueiro e/ou gorra en caso preciso.
_________________________________________________________________________________________
A excursión é de carecter voluntario. O centro funcionará no seu horario habitual para atender ós nenos e nenas de Educación Infantil e a todos os alumnos e alumnas de primaria que non se apunten a dita excursión.