EXCURSIÓN FIN DE CURSO EDUCACIÓN INFANTIL

Xa temos novo "menú" para a excursión de fin de curso de Infantil!

 

O vindeiro martes 31 de maio de 2016 visitaremos o Club Hípico Vilamarín, pasearemos polas instalacións e poderemos contemplar moitos exemplares deste fermoso animal.

Despois visitaremos o IES Vilamarín, tamén coñecido como escola de hostalería, onde participaremos nun obradoiro de cociña creativa e degustaremos algunha das nosas creacións.

 

O prezo da actividade é de 4€ por alumno/a, para axudar a pagar o autobús.

 

O horario dese día tamén será de 9:00 a 14:00 horas, recolleremos ós nenos e nenas ás 9, como cada día.

Prepararemos todo con calma para saír e sobre as 10 colleremos o autobús.

Visitaremos o centro ecuestre, tomaremos unha pequena merenda (cada neno debe traer a súa) e despois visitaremos o IES Vilamarín.

Esperamos estar de volta ás 14:00, pero se chegamos un pouquiño tarde esperade por nós! Os nenos e nenas que vaian ó comedor asistirán ó mesmo como calquera outro día.

 

Que debemos traer:

Roupa cómoda e unha gorra ou chuvasqueiro segundo a predición meteoreolóxica.

Unha pequena merenda para media mañá, pouca cousa, dado que comerán algo no IES ó final da actividade.

Unha boa dose de bo comportamento e gañas de pasalo ben.

 

 

------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

 

 

 

 

 

Sentimos informar que o musical “El libro de la selva” foi cancelado por causas alleas ó centro. Dado que non temos a certeza de que se poida levar a cabo máis adiante, o centro decidiu cancelar a excursión e devolver os cartos ás familias. Podedes pasar a recollelos en horario de Secretaría e Dirección ou martes de 17 a 18.

Desculpen as molestias causadas, un saúdo do director.

 

 

O día 9 de maio de 2016 os nenos e nenas de EI do CEIP As Mercedes iremos O Carballiño para ver o musical “El libro de la selva”, faremos unha pequena merenda e volveremos a casa para contarlles os nosos pais, nais e demais familia a aventura vivida.

O prezo da excursión é de 15€ por alumno/a (entrada+autobús), a pagar no momento da reserva, a data tope para reservar é o luns 25 de abril de 2016.

A saída farase en horario escolar, proximamente publicaremos os horarios da excursión.

 

 

 

 

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet