Reserva de praza no IES As Lagoas

O Decreto 254/2012 do 13 de decembro, regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
 
A Orde do 12 de marzo de 2013 desenvolve o devandito Decreto 254/2012.
 
Segundo o disposto no artigo 10 da Orde do 12 de marzo de 2013 o alumnado que pretenda continuar estudos no IES As Lagoas durante o ano académico 2016/17, para os efectos de reserva de praza, deberá presentar no seu centro (CEIP As Mercedes) o modelo normalizado que se publica como anexo I entre os días 1 e 15 de febreiro de 2016.
 
Deberá entregar a seguinte documentación:

          - Anexo I
          - Documento de previsión de matrícula.
          - Fotocopia do DNI (no seu defecto, copia do libro de familia)
        
A ter en conta:

1. Para facer uso do dereito preferente a praza no centro adscrito hai que presentar a solicitude entre o día 1 e o 15 de febreiro, se non, no prazo ordinario, non teredes preferencia sobre os demais.

2. Se reservades praza no centro adscrito (IES As Lagoas) e posteriormente queredes solicitar praza noutro centro, teredes que presentar no IES As Lagoas a renuncia á praza reservada antes de solicitar praza noutro centro, en caso contrario as dúas solicitudes serán invalidadas.

Powered by Drupal - Design by artinet