Campaña de consumo de froitas nas escolas

 

Este ano o noso centro participa no plan de consumo de froita fresca nas escolas. Esta campaña consiste na distribución entre o alumnado de froita fresca para fomentar hábitos de vida saudables.

Os períodos de repartición da froita serán os seguintes:

PERÍODO DATA DE INICIO DATA DE FIN DÍAS LECTIVOS FROITAS
1 25/01/2016 31/01/2016 5 Amorodos-plátanos-plátanos-mandarinas-mazás
2 7/03/2016 11/03/2016 5 Plátanos-mandarinas-mazás-plátanos-mandarinas
3 25/04/2016 29/04/2016 5 Plátanos-mandarinas-mazás-plátanos-mazás
4 06/06/2016 10/06/2016 5 Durante esta semana haberá nectarinas, plátanos e mazás

Recomendamos que nestas datas o alumnado non traia comida da casa posto que nós lle daremos unha peza de froita para comer no recreo.

 

Powered by Drupal - Design by artinet