Abalar Móbil

Desde o centro queremos dar un paso máis no uso das novas tecnoloxías, no respecto polo medio ambiente e na mellora das vías de comunicación coas familias. Por iso pedímosvos que instaledes no voso teléfono móbil intelixente a aplicación  abalar móbil, na que poderedes consultar os datos académicos dos vosos fillos/as e recibir avisos por parte do centro.

Para que esta ferramenta sexa útil é preciso unha alta porcentaxe de usuarios entre as familias, de maneira que poidamos substituír os avisos en papel, máis lentos e menos respectuosos co medio ambiente, por avisos dixitais..

 Rogamos teñades en conta que o funcionamento nesta primeira etapa pode presentar erros.

 Se algún non pode crear o seu usuario desde o seu teléfono móbil intelixente deberá acercarse polo centro para comprobar se os seus datos están actualizados no XADE.

Neste vídeo podedes ver a forma de conseguir a aplicación e as funcionalidades principais da mesma.

 

Máis información

 

Powered by Drupal - Design by artinet