Cuestionario sobre convivencia escolar

De acordo co establecido no Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se  desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade  educativa en materia de convivencia escolar, ven de constituírse o Consello para a  Convivencia Escolar da Comunidade Autónoma de Galicia e aprobarse o Plan  Estratéxico de Convivencia Escolar 2015-2020.

Neste empeño a primeira acción prioritaria planificada é a elaboración de  documentos de recollida de datos dos distintos sectores da comunidade educativa  (dirección, profesorado, alumnado, familias e persoal non docente) encamiñada a establecer o clima  escolar da nosa comunidade e guiar as accións de mellora do mesmo.

A recollida de datos farase mediante unha ferramenta informática en liña, de xeito automatizado e totalmente anónimo a que se accederá mediante unha clave. As claves de acceso son todas diferentes  e non están personalizadas polo que o seu reparto será totalmente aleatorio.

Cada  familia cubrirá un único cuestionario independentemente do número de fillos/as  escolarizados no centro. Proximamente recibiredes a clave que vos dará acceso a cubrir o cuestionario.

O cuestionario estará dispoñible desde o día de hoxe ata o 30 de  novembro no seguinte enderezo:

https://edu.xunta.es/convfamil

 

Ademais o alumnado de 5º e 6º de primaria tamén cubrirá unha enquisa parecida no centro o día 27 de novembro en horario escolar, coas mesmas premisas de voluntariedade e anonimato.


Desde a Consellería de Educación rogan a participación de toda a Comunidade Educativa.

 

Moitas grazas pola vosa colaboración!

 

 

Guía de usuario para cubrir o cuestionario

 

 

Resposta as preguntas máis frecuentes

 

Powered by Drupal - Design by artinet