Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Mércores Abril 18, 2018

Alumnado de 5º e 6º de educación primaria, o mércores 18 no Liceo

“Ubú Teatro, tras adaptar o pasado ano A galiña azul de Carlos Casares, volven levar aos escenarios da man de Galaxia unha obra da figura á que a Real Academia Galega lle dedica o 17 de maio. Desta volta será a historia do can Leonardo, Antón e os seus compañeiros de curso, os fontaneiros, galardoada en 1985 co 3º Premio Barco de Vapor."

máis info

Luns Abril 23, 2018
Start: 23/04/2018 11:00

O LUNS 23 de abril é o día do libro e o concello organiza unha actividade dirixida ó alumnado de 5º e 6º de Educación Infantil nos Xardíns de Padre Feijoo para conmemorar este día.

máis info

Venres Abril 27, 2018

27 abril para o alumnado de educación infantil.

Da man da editorial SM os nenos e nenas de infantil asistirán a actuación de Nati Natillas, actriz e contacontos.

Xoves Maio 03, 2018
Start: 03/05/2018 08:13

MES DE MAIO, na sala de exposicións de Afundación Ourense (Praza Maior de Ourense)

XOVES 3: 4º E 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL

MARTES 29: 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

MÉRCORES 30: 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Visita «Sonoro empeño. A música nas coleccións ABANCA e Afundación», unha mostra que pretende ilustrar as confluencias entre música e artes plásticas a través dunha selección de obras de artistas como Menchu Lamas, Eva Carrera, Luís Caruncho, Luís Seoane, Elena Gago, Laxeiro, Carlos Maño ou Xaime Quesada, entre outros.

máis info

Start: 03/05/2018 09:15
End: 03/05/2018 14:00

Alumnado de 4º de Educación Primaria.

Actividade prevista para o mércores día 2 de maio, finalmente será realizada o xoves día 3 por mor das predicións de chuvia para o día 2.

Esta excursión ten dúas partes, unha visita ó castro de San Cibrao de Las e ó seu centro de interpretación e un taller na que o noso alumnado converterase en arqeuólogos.

máis info

Venres Maio 04, 2018

 

 

Alumnado de primaria, venres día 3 de maio.

Taller organizado por "Cruz Roja" para a prevención do acoso escolar.

máis info

Domingo Maio 06, 2018
Start: 06/05/2018 11:00

 

As coplas realizadas polo alumnado de 6º de Educación Primaria do CEIP As Mercedes de Ourense foron recoñecidas como as mellores coplas infantís dos Maios de Ourense 2018.

Aquí tedes unha copia das coplas premiadas para pór en valor o traballo realizado polo noso alumnado.

COPLAS DOS MAIOS 2018 DO CEIP AS MERCEDES

Parabéns ós gañadores deste premio e moitísimas grazas en nome da ANPA e do centro a todos os que participaron e colaboraron nesta edición dos Maios 2018.

Resultados dos Maios 2018

 

 

A ANPA Pía da Casca participa nos Maios de Ourense cun Maio feito por todo o alumnado do centro e unhas coplas feitas polos alumnos e alumnas de sexto.

NOTA INFORMATIVA DA ANPA

Xoves Maio 10, 2018

 

MES DE MAIO

XOVES 10: 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL

MARTES 22: 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 

máis info

Powered by Drupal - Design by artinet