Complementarias

Nadal

Un ano máis no colexio celebramos o festival de Nadal.

Contamos coa participación de todo o noso alumnado que ofreceu actuacións variadas que traballaron os días previos con moito esforzo e interese.

Vimos neste festival danzas cantadas e escoitamos pezas instrumentais interpretadas cos instrumentos da nosa aula de música e as frautas dos propios interpretes.

Tamén contamos coa participación das nosas antigas alumnas que trouxeron as gaitas para tocar pezas tradicionais que todos cantamos.

Entroido 2016

Un ano máis no noso colexio celebrámolo Entroido por todo o alto.

Nesta ocasión a tématica escollida foi o ben coñecido conto do Flautista de Hamelín.

Así todos menos un, que por suposto era o flautista, disfrazamosnos de ratos de conto e seguimos as melodías engaiolantes que saían da flauta máxica do protagonista.

E por suposto non podiamos esquecer que en toda historia de ratos, sempre debe haber de por medio un bo queixo, así que nós fixemos un ben grande.

Disfrutade dalgunha das fotos que temos sobre o acontecido.

Visita do Apalpador

Neste mes de decembro tivemos unha visita moi agradable no noso colexio. Resulta que un personaxe típico do Nadal galego, chegado do mismísimo Caurel, honrounos coa súa presencia.

Todos os nenos e nenas e tamén os mestres e as mestras pasamos un agradable anaquiño de tempo coas historias que nos contou e informacións que nos deu sobre si mesmo e outras das que sacar algún aprendizaxe sobre a vida. 

Oxalá que o vindeiro ano tamén queira virnos visitar.

Deixamos algunhas fotos da visita do Apalpador.

 

Magosto 2015

 

O pasado martes 10 de novembro celebramos, coma cada ano, o Magosto na nosa escola.

Primeiro estivemos realizando xogos onde a protagonista era a castaña e máis tarde comémola asada.

Acompañaronnos algúns que noutro tempo foron alumnos e alumnas do colexio e que lles apetecía recordar as celebracións vividas no pasado.

Distribuir contido