ENTROIDO 2020

Durante a semana do 17 ao 21 de febreiro celebramos o entroido.

Cada día da semana seguimos as instrucións do meco: un gorro, unhas gafas, unha perruca e por último o pixama e o peluche.

O venres rematamos co tradicional desfile percorrendo as rúas de Corme ata A Ribeira, onde queimamos o meco para logo degustar os tradicionais doces do entroido no Miramar.

PARA VER AS IMAXES FAI CLICK AQUÍ

O primeiro fanzine do CEIP As Forcadas

Hai uns días contámosvos que na escola estábamos en pleno proceso creativo con Laura Tova e que pronto poderíamos presentar o noso primeiro fanzine. 

Aquí o temos... Corme, mar e terra: o papel das nosas mulleres. 

Coa participación de todo o alumnado de primaria e a axuda de Laura. 

Agardamos que vos guste!!

Para máis información sobre o proceso creativo, visitade o blog do proxecto paisaxe e sustentabilidade.

AQUÍ PODES DESCARGAR O FANZINE

Contacontos para levar no peto.

Antes do Nadal tivimos a visita dun contacontos que nos achegou as historias de O cociñeiro Martiño.

Unha sesión divertida na que participaron os mais pequenos da escola.

 

 

O laboratorio de Elena Berenxena

Estos días apareceu no noso cole a científica Elena Berenxena.

Debido a unhas mesturas de substancias alimentarias, estoupou o seu laboratorio e agora durante este período, a científica de pelo morado axudaranos a coñecer a través do seu caderno a importancia dunha alimentación saudable.

Que sorte tivemos que caera no noso  centro!!

PINCHA AQUÍ PARA MÁIS INFORMACIÓN

Guía de linguaxe non sexista

Recentemente recibimos un correo electrónico que queremos compartir coa nosa comunidade escolar.

A continuación podedes ler a mensaxe e acceder a guía.

Desde Igualdade da Deputación de A Coruña queremos compartir a actualización, ampliación e adaptación da Guía de linguaxe non sexista editada fai uns anos na sección de Servizos Sociais.   

A linguaxe e a comunicación dan forma aos nosos discursos e reproducen as desigualdades existentes. O uso dunha comunicación inclusiva e dunha linguaxe non sexista é unha obriga de todas as administracións públicas que se recolle no artigo 14 da Lei 3/2007, onde se marcan os criterios xerais de actuación dos poderes públicos, sendo un deles “a implantación dunha linguaxe non sexista no ámbito administrativo e o seu fomento na totalidade das relacións sociais, culturais e artísticas”.

Paga a pena facer un esforzo colectivo para eliminar os usos linguísticos discriminatorios, empregando unha linguaxe con perspectiva de xénero que recoñeza e valorize a todas as persoas en igualdade. Agardamos que esta nova edición sexa da vosa axuda.

Clica aquí para descargar a guía.

Reciclaxe e creatividade para a biblioteca; buscamos mascota!

Nenas e nenos!

George Forcadas, ata o de agora a nosa mascota, decidiu tomarse unhas prolongadas vacacións...

Que tal se lle abrimos as portas a unha nova integrante da biblio?

Que tal se empregamos os plásticos, cordas, tapóns, redes, madeiras... que chegan no inverno as nosas praias?

 

Creade a vosa propia mascota e escribide a súa biografía... Entre todas elas elixiremos unha que nos acompañe os vindeiros cursos!

Por un mar libre de plásticos... Afinemos a nosa creatividade!

 

Creamos un fanzine!! Corme, mar e terra; o papel das nosas mulleres.

Laura Tova chega á escola para elaborar com nós un fanzine. Explicaranos o proceso de elaboración e daranos unhas pautas para ilustralo...

Queremos pensar arredor da paisaxe e o papel da muller como modeladora del...

Que destacamos da paisaxe na nosa comarca? Nunha paisaxe de terra e de mar... Que produtos obtemos do mar e da terra? E... A biografía das mulleres das nosas vidas... Ten algo que ver com todo isto?

Laura axudaranos a montar o primeiro fanzine do CEIP As Forcadas no que poderemos sumar reflexión e creatividade.

 Para ter máis información, podes pinchar AQUI.

 Agardamos obter un bonito resultado!!

 

 

 

 

Rías libres de plásticos!

Sensibilizámonos “limpando as nosas rías”!

 

Seguimos pensando nunha paisaxe verde, azul e sen plásticos e desta volta, Eva Calvo, nai e membro da ANPA do cole achegounos unha experiencia na que ela participou activamente; o proxecto “Limpando as nosas rías”.

 

Ademais de amosarnos imaxes da cantidade de lixo que podemos atopar no fondo das nosas rías, Eva preparou unha actividade vivencial onde podemos experimentar como lles afecta aos animais mariños o lixo que se atopan no mar.

AQUI atoparedes máis info!!Que haberá debaixo de tea?

 

 

25N: contra a violencia, árbores e palabras

O pasado 25 de novembro celebramos na escola o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Traballamos arredor da vida de Wangari Mathaai, a muller árbores e ás mulleres keniatas que contra a violencia exercida contra elas e a natureza, decidiron organizarse para plantar cara á mesma. Con árbores e palabras!

 

 

COEDUCACIÓN

 

Día discapacidade

Hoxe no centro celebramos o día da discapacidade

Ver Actividades

 

 

Distribuir contido