Skip to Content

SECRETARÍA + NOVIDADES + BAIXAR IMPRESOS + HORARIO ATENCIÓN AO PÚBLICO

POSTAIS SOLIDARIAS CEIP DE ARTEIXO CCA ARTEIXO

As postais solidarias da campaña de Nadal 2021 do CCA Arteixo, elaboradas polo alumnado do CEIP de Arteixo están repartidas nos diferentes establecementos do concello. Para saber onde se atopan. Pema aquí.

CONFIRMACIÓN DÍAS NON LECTIVOS

DÍAS NON LECTIVOS ELIXIDOS POLO CENTRO CON AUTORIZACIÓN POR PARTE DA CONSELLERÍA:

 

MARTES 7 DE DECEMBRO DE 2021

LUNS 16 DE MAIO DE 2022

 

Lembrámoslles, polo tanto, que desde o día 6 e ata o 8 de decembro, ambos inclusive, o centro permanecerá pechado.

Voltamos ás aulas o xoves 9 de decembro.

 

 

PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS E DEFINITIVAS MÁSCARAS

 

PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS: Luns 29 de novembro

PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS: Xoves 2 de decembro.

 

En caso de exclusión na listaxe provisional, as persoas afectadas poderán formular reclamación ante o centro docente nos dous (2) días hábiles seguintes ao da súa publicación. Esta reclamación entenderase resolta coa publicación da listaxe definitiva.

Estes actos publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios que unicamente será visible no interior do recinto escolar.

 

Sobre as  datas e método de distribución das máscaras serán informados proximamente a través desta páxina.

ITINERARIOS DE ENTRADAS E SAÍDAS CURSO 2021-2022

ITINERARIOS DE ENTRADAS E SAÍDAS CURSO 2021-2022

Para poder consultar o plano de circulación e das portas de acceso de entrada e saída do alumnado ao centro premer AQUÍ.

HORARIO ADMINISTRACIÓN

 

HORARIO ADMINISTRACIÓN

O horario de atención ao público de admnistración do 1 ao 8 de setembro será:

De 9:30 a 13:45 horas

 

A partir do día 9, inclusive, será: 

De 9:50 a 11:45 horas.

O correo electrónico de contacto coa administración será: administracion@ceipdearteixo.org

Para solicitar cita previa ou para calquera dúbida: 981 64 12 84 

 

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR O CAMBIO DA ÁREA OPTATIVA DE ENSINANZAS RELIXIOSAS PARA O CURSO 2021-2022

 

Ábrese novamente o prazo para solicitar o cambio da área optativa de ensinanzas relixiosas para aquelas familias que non o fixeron no mes de maio e que o decidan facer agora.

Prazo: Do 1 ao 15 de setembro.

Modo de presentación das solicitudes:

-  Preferiblemente enviando a solicitude xa cuberta a través do correo electrónico: administracion@ceipdearteixo.org

- De xeito presencial, con cita previa, chamando ao 981 64 12 84

Poden descargar as solicitudes (documento editable) premendo aquí, ou ben recoller impreso na secretaría do centro.

TRANSPORTE ESCOLAR

As listaxes provisionais do alumnado que solicitou transporte escolar para o curso 2021-2022, poderán ser consultadas no taboleiro situado no interior do centro a partir de mañá, día 21, ata o 30 de xullo. Neste mesmo prazo poderán facerse as reclamacións oportunas, na secretaría do centro (consultar horarios de atención ao público nesta páxina).

As listaxes definitivas publicaranse a partir do día 1 de setembro.

 

HORARIOS SECRETARÍA MES DE XULLO

HORARIOS SECRETARÍA MES DE XULLO

A secretaría do centro permancerá aberta no mes de xullo para atención ao público nos horarios que seguen:

 

Desde o luns 12 até o martes 20 de xullo: de 9:30 a 13:30 horas.

 

Desde o mércores 21 até ao venres 30 de xullo: de 10 a 12 horas.

IMPORTANTE PARA A RECOLLIDA DE VALES

IMPORTANTE PARA A RECOLLIDA DE VALES

É imprescindible que as persoas que pasen a recoller os vales se identifiquen co seu DNI ou pasaporte.

LISTAXES PROVISIONAIS FONDO DE LIBROS 2021-2022

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS NO FONDO DE LIBROS CURSO 2021-2022

A partir de mañá martes 6 de xullo das 10 horas e até as 13:30 horas, poderán consultar as listaxes provisionais de admitidos e excluídos no fondo solidario de libros para o curso 2021-2022. De conformidade á lei de protección de datos estas listaxes publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do recinto escolar ao lado de secretaría. As persoas que realizasen a solicitude por vía electrónica poderán consultar o estado da súa solicitude a través da chave 365.

Para a consulta das listaxes non é preciso pedir cita previa, pero si respectar as medidas sanitarias de seguridade. Non poderán permanecer no interior do espazo de publicación máis dunha persoa e en caso de ter que esperar fóra, manter a distancia de seguridade.

Lembren da obrigatoriedade de acceder aos espazos pechados con máscara de protección.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut