Skip to Content

SECRETARÍA + NOVIDADES + BAIXAR IMPRESOS + HORARIO ATENCIÓN AO PÚBLICO

MARIOLA SOLIDARIA: CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ROUPA E CALZADO USADO

Estimadas familias:

Informámoslles que o centro participará, un ano máis, na recollida de roupa e calzado usado organizado por Mariola Solidaria, en beneficio da ONG Global Humanitaria. Nos vindeiros días entregarémoslle a cada alumno/a unha bolsa para todas aquelas persoas que desexen participar. Poderán traer as bolsas coa roupa ata o mércores 4 de outubro  en horario de 9:45 a 11:45 e de 16:00 a 18:00h. Tamén poderá traela o alumnado ata o xoves 6 de outubro, incluído, e entregarlla ao titor/a, no momento da entrada no centro.  A partir dese día xa non se recollerán máis bolsas.

A recollida da roupa realizarase o xoves 5 de outubro en horario de mañá.

Lembrámoslles tamén que ata o martes 3 de outubro, en horario de 16:00 h  a 18:00 h, segue a súa disposición a roupa esquecida do alumnado para que a poidan recoller. A roupa non recollida será doada e retirada do centro o vindeiro xoves 5 de outubro.


Máis información sobre a Campaña Mariola Solidaria:

Funcionamento 

Información global


Atentamente. Dirección. 

SOLICITUDE CAMBIO DE OPTATIVA ALTERNATIVA Á RELIXIÓN CURSO 2023/2024

Prazo: abranguerá do 1 ao 15 de setembro.

Forma de presentación: preferiblemente a través do correo electrónico

administracion@ceipdearteixo.org

Asunto: Solicitude cambio optativa

 

Acceso á solicitudePremer aquí

 

 

 

TRANSPORTE ESCOLAR: PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS CURSO 2023-2024

As listaxes provisionais de usuarios de transporte escolar para o vindeiro curso 2023-2024 estarán expostas no taboleiro do interior do centro, ao lado de secretaría, a partir do luns 10 de xullo. En caso de detectar algún erro nas mesmas, deberán comunicalo na secretaría do centro.

As listaxes definitivas serán publicadas a principios do mes de setembro.

 

 

MATRÍCULA ALUMNADO NOVA INCORPORACIÓN CURSO 2023-2024

PRAZO DE MATRÍCULA SERÁ 

DO 20 AO 30 DE XUÑOambos inclusive.

 

 Deberán solicitar cita previa a partir do xoves 15 de xuño, chamando ao teléfono 981 64 12 84.

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR PARA FORMALIZAR A MATRÍCULA: (premer en cada documento para descargar).

 

 

  • Ficha de datos de contacto. (Deberá estar asinada por ambos proxenitores, agás en caso de violencia de xénero, debidamente xustificada).

 

 

 

  • Solicitude de transporte escolar e autorización(de ser o caso). (Deberá estar asinada por ambos proxenitores, agás en caso de violencia de xénero, debidamente xustificada).

 

 

  • 2 fotografías(tamaño carné )actuais do alumno/a co nome por detrás.

 

  • DNI do alumno/a(se o ten) e dos pais (orixinal e fotocopia).

 

  • Certificado de empadroamento colectivo actualizado.

 

  • Tarxeta sanitaria do alumno/a (orixinal e fotocopia).

 

  • Copia do convenio regulador e/ou sentenza de separación de ser o caso.

 

Os impresos poden recollerse na secretaría do centro, ou ben directamente por este medio.

MOI IMPORTANTE: Ao comezo de curso, todas as familias, deberán descargar a aplicación AbalarMobil, nos seus terminais (co número de teléfono de ambos proxenitores facilitados no momento da matrícula)  para recibir comunicacións relacionadas co alumnado e co centro. (Premer no vínculo da aplicación para saber como funciona). 

 

 Información sobre os servizos do ANPA Novo Arteixo. 

Para calquera información ou entrega de documentación relacionada coa ANPA dirixirse ao correo electrónico: anpaceiparteixo@gmail.com  

 

 

 

 

 

 

RESOLUCIÓN SOLICITUDE PRAZAS PARA 1º ESO CENTRO ADSCRITO IES MANUEL MURGUÍA

Comunicámoslles que todas as solicitudes de reserva de praza para 1º da ESO no centro adscrito Manuel Murguía foron admitidas. A formalización da matrícula deberá realizarse no instituto no mes de xuño. Web IES Manuel Murguía

ADMISIÓN CURSO 2023-2024

Desde o próximo día 1 e ata o 20 de marzo, ambos inclusive, estará aberto o prazo para a presentación de solicitudes de admisión para alumnado de nova incorporación ao centro.

 

Para calquera aclaración ou para a presentación da solicitude, deberá pedir cita previa no teléfono 981 64 12 84 ou  a través do correo electrónico administracion@ceipdearteixo.org

 

 

 

Publicación das listaxes provisionais de alumnado admitido: 25 de abril de 2023.

Disporán de 5 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, para formular reclamación. 

 

Publicación das listaxes definitivas de alumnado admitido:  15 de maio de 2023.

 

Formalización de matrículado 20 ao 30 de xuño de 2023.

 

 

 

A continuación teñen toda a información relacionada co proceso de admisión dispoñible:

 

Área influencia do CEIP de Arteixo

 

Prazas vacantes do CEIP de Arteixo (publicadas a 28-02-2023)

Actualización prazas vacantes (07-03-2023) 

Documentación necesaria e información do procedemento.

 

Calendario admisión, publicación listaxes e formalización matrícula

 

Criterios de admisión do alumnado

 

Manual usuario para as familias

 

 Resultado do sorteo público anual para resolver os empates no procedemento de admisión de alumnado para o curso 23-24 

 

 

 

 

 

Lexislación relacionada que rixe o proceso de admisión:

 

Decreto 13/2022 do 3 de febreiro

 

Orde do 21 de outubro de 2022

 

 

 

 

DÍAS NON LECTIVOS

 

Parlante Aviso Advertencia - Gráficos vectoriales gratis en Pixabay

 

DESDE O LUNS 28 DE FEBREIRO E ATÉ O MÉRCORES 2 DE MARZO, AMBOS INCLUÍDOS, O CENTRO PERMANECERÁ PECHADO. 

 

O MANDADIÑO NO CEIP DE ARTEIXO. ENTROIDO 2022

RESERVA DE PRAZA PARA O ALUMNADO DE 6º E. PRIMARIA DO NOSO CENTRO QUE DESEXE SER ADSCRITO AO IES MANUEL MURGUÍA

RESERVA DE PRAZA. DO 11 DE XANEIRO AO 8 DE FEBREIRO. 

Reserva de praza para o alumnado de 6º de E. Primaria do noso centro que desexe ser adscrito ao IES Manuel Murguía.

            - RESERVA DE PRAZA ON -LINE

              - IMPRESO EN PAPEL: CUMPRIMENTAR E ENTREGAR NO CEIP DE ARTEIXO.

              

        Importante!!

       - Se non desexa que o seu fillo/a continúe os seus estudos no IES Manuel Murguía, deberá asinar unha renuncia na secretaría do CEIP de Arteixo. Descargar impreso aquí.

       - A non reserva da praza neste período, causa perda do dereito preferente a unha praza no instituto adscrito.

 Normativa:

 Orde do 18 de decembro de 2020

 Ode do 25 de xaneiro de 2017

 Orde do 12 de marzo de 2013

 Decreto 254/2012 do 13 de decembro

 

Horario de secretaría:

De 09:50 a 11: 45 horas.

Solicitude cita previa: Chamar ao 981 64 12 84

DISTRIBUCIÓN E RECOLLIDA DE MÁSCARAS DO ALUMNADO BENEFICIARIO CHEQUE MATERIAL

DISTRIBUCIÓN E RECOLLIDA DE MÁSCARAS ALUMNADO 

Orde do 28 de outubro de 2021, publicada no DOG do 12-11-2021, regula os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos.

A partir do mércores 12 de xaneiro de 2022 inicarase o reparto de máscaras do alumnado beneficiario do cheque de material de Fondolibros, (non de libros). Recorden que este alumnado abrangue de 1º a 6º de Primaria. O alumnado de Educación Infantil non é beneficiario do fondo.

O reparto realizarase do seguinte xeito:

 

Mércores 12 de xaneiro: 1º e 2º E.P.

Xoves 13 de xaneiro: 3º e 4º E.P.

Venres 14 de xaneiro: 5º e 6º E.P.

 

As máscaras recolleranse en administración en horario de 9:50 a 11:45 horas nas datas sinaladas e deberán asinar a folla de recollida. Se teñen fillos/as matriculados en diferentes cursos poderán recollelas nunha soa data. 

Aquelas persoas que non poidan acudir nestas dastas e queiran acudir outro día, deberán solicitar cita previa no 981 64 12 84.

Así mesmo, quen non poida acudir en ningún momento, poderá autorizar a unha persoa que o faga, entregando cuberta esta autorización: Autorización recollida de máscaras.

Distribuir contido


by Dr. Radut